Zaira e unha xove xogadora do CD Choco que descubriu a súa paixón polo fútbol xogando coa súa irmá Naiara, que é gardameta tamén dun equipo base do clube redondelano. As irmáns son dúas das sete rapazas que xogan actualmente nos equipos choqueiros.

Se botamos unha rápida ollada aos equipos da base do CD Choco, raro é non atoparse cunha xogadora en algún deles. Sete son as nenas que nestes momentos adestran no clube choqueiro. Unha delas é Zaira, unha rapaza de tan só 8 anos, que xoga no Benxamín B.

A súa corta idade, Zaira xa o ten claro “cando sea maior gustaríame dedicar ao fútbol”, coméntanos, aínda que tamén é consciente da dificultade que ten chegar a ser futbolista profesional, sobre todo no caso das mulleres, polo que tamén pensa en ser “profesora”. A súa paixón por este deporte naceulle tan só “con catro anos xogando coa miña irmá Naiara” á cal é porteira dun equipo base do CD Choco e que Zaira ten coma referente.

É seguidora do Atlético feminino “gústame todo dese equipo” e como non podía ser doutra maneira do CD Choco, ao que segue e disfruta dende as gradas nos partidos en Santa Mariña. Neste caso, declárase fan do porteiro choqueiro, David Cortegoso, porque Zaira, aínda que non xoga de cancerbeira gustaríalle adestrar nesta posición ao igual que a súa irmá. A quen non lle gusta moito esa idea é a súa nai que pensa que “é a posición máis complicada”. Dúas irmáns e dúas xogadoras de fútbol, polo que cabe pensar que os xenes teñen algo que ver “o meu avó por parte de pai era gardameta”, nos comenta Zaira con orgullo.

O que máis lle gusta a pequena futbolista e “adestrar”, aínda que tamén, como entra dentro da normalidade, “xogar os partidos”. A pesar de que o seu adestrador, Raúl, sempre lles aconsella “que nos divirtamos e eu o fago”, recoñece Zaira quen tamén admite que “a min gústame meter goles e gañar” por iso cando perden “en ocasións disgústome”.

Zaira é a única rapaza do equipo máis non se sinte que a traten de distinta maneira que ao resto de compañeiros de feito “síntome moi ben no equipo, porque encántame xogar con eles”.

A actual é a terceira tempada que Zaira xoga na base choqueira e polas súas aspiración seguramente a veremos crecer como nena e xogadora.