O xogador redondelán aínda non sabe se volverá a vestir a equipaxe vermella para a próximatempada; unha tempada que non se sabe aínda nin cando nin en que formato se xogará. O que si é unha certeza é o ascenso do equipo Xuvenil á División de Honor a cuxos xogadores aconsella Yerai “disfrutar moito”

Logo de rematar oficialmente a tempada e de quedarnos ás portas de xogar o play off seguimos a falar cos xogadores choqueiros. Nesta ocasión o facemos con Yerai, un peza importante no equipo redondelán, que nos comenta o seu parecer sobre a decisión da Federación de dar por finalizada esta tempada só ca disputa dos play offs. “Foi unha pena non acabar a tempada porque estábamos ahí, e o equipo polo menos quería intentalo ata o final. Somos os máis perxudicados quedando as portas dos catro primeiros, nos comenta o xoven xogador quen engade “creo que lle tiñan que dar unhas voltas máis para chegar a unha resolución que beneficiase aos equipos que estaba pelexando por algo, pero tamén entendo que é unha situación nova, que nunca pasara, e é complicada calquera deicisión, porque non todos íamos a sair beneficiados. Antes co futbol está a saúde de todos”.

Efectivamente, os equipos de arriba e de abaixo son os equipos que puideron sacar algo positivo nunha temapada que para o resto de equipos finalmente pasou desapercibida, coma senón existise, mais é tempo de pensar na seguinte arredor da cal xira a nebulosa da incerteza. Preguntamos a Yerai se cre que a competición retomaráse con normalidade ao que responde que “a verdade é que no sei que pasará. Leín que seguramente fagan dous grupos, pero como vai a depender moito da evolución da situación na que nos atopamos, iremolo sabendo co paso dos días”. Non queda outra que agardar á decisión definitiva sobre a data e forma da competición ligueira da tempada 20/21. O que sí é seguro que até, en principio, o 2021 non haberá público nas bancadas dos campos de fútbol “algo que é complicado para os equipos da casa porque é moi importante o alento dos siareiros. Esperemos que todo volva a normalidade cedo e poidamos disfrutar todos deste deporte”. Unha normalidade que de inicio xa non será normal porque son moitos meses os que levan e levarán, para cando se inicie a tempada, parados os xogadores polo que quizáis a pretempada sexa máis longa do habitual, qué pensa Yerai sobre ista posibilidade? “Non creo que faga falta, ao saber o día que empece a liga, a partir desta data planificaríamos a pretempada. Penso que esta será como as anteriores en duración.

Nestes días fálase moito sobre que a vida nunca volverá a ser como antes, que o Covid-19, ademáis de moitas outras cousas, trouxo consigo unha maneira diferente de miralas cousas, non sei se tamén afectará a forma de concebir unha competición de feito baráxase un cambio de formato. “Estáse a falar que este ano queren facer dous grupos, ao subir tantos equipos porque se non quedaría unha liga moi longa, pero non sei en que quedará finalmente. Se fan os dous grupos seremos menos equipos polo que o tempo de duración da tempada será menor e o comezo da competición fálase que sería en outubro… De momento todas estas posibilidades son suposicións, xa veremos en que queda”.

Yerai, a pesar da súa xuventude, porta unha mochila repleta de experiencias. E así o leva facendo dende os 8 anos que, como non podía ser doutra maneira, comezou en Casa Paco a descubrir esto do fútbol. Trala fusión do club de Reboreda co CD Choco, Yerais seguir a súa formación no equipo da súa terra onde estivo até o último ano de Xuvenís. A partir desta tempada, as idas e venidas ao equipo choqueiro foron continuas adquirindo e vivindo diferentes experiencias en distintos equipos como o Arcade, Coruxo, no Honka e PK-35 Vantaa, ambolos dous equipos filandeses, Alondras ou o Arosa.

En xaneiro, Yerai cumpliu a súa cuarta tempada no club choqueiro e aínda non sabe se conituará sumando anos coa equipaxe vermella, porque non falou con club, que está comezando a planificar a seguinte tempada. Con respeto ao seu futuro o xogador no comenta que “estou nun grupo humano increíble, xa non só como xogadores senón como persoas, e estar cómodo son cousas que se valoran moito cando tes decidir o que vas a escoller, pero como digo eu, teremos que sentarnos e falar para poder chegar a unha solución, sempre que o clube queira”.

A supersticións ou marcar unhas rutinas nos días de partido son o pai noso de cada día nos vestiarios. Poucos son os xogadores que non teñen un amuleto, repiten unha acción ou xantan a mesma comida o día do partido e Yerai é a excepción que marca a regra “simplemente intento estar tranquilo ese día e o único que fago e dar un pequeno paseo, pero nada máis”.

Yerai, un xogador da casa, unha seña de identidade de Redondela cuna de xogadores de renome. Parece que o fútbol galego goza de boa saúde e senón basta con lembrar o logro dos Xuvenís esta tempada ao que Yerai aconsella que “o disfruten moito” e se alegra especialmente porque o adestrador deste equipo, Alberto Suárez é compañeiro de vestiario “o ascenso do equipo xuvenil paréceme algo muy bonito e alegrome moito por Alberto”.