O canteirano cumplirá a súa sexta tempada consecutiva no club da súa vila natal

Yago Vázquez é un claro exemplo da aposta do Club Deportivo Choco polos futbolistas da casa. A entidade deportiva veu crecer ao xogador dende ben pequeno e hoxe en día segue a ser unha peza importante dentro de vestirario choqueiro. Por isto quizáis non sorprenda nin a propios nin a estranos a súa vinculación, por unha tempada máis, co equipo.

Non é novidade a ilusión e a alegría por ámbalas dúas partes na firma deste novo acordo que se producía nas instalacións de Santa Mariña onde se materializou a sinatura coa presencia de Iván Crespo, presidente da entidade deportiva, e o defensa.

Os días pasan e a situación de incertidume de cando e de que maneira comezará a competición ligueira, segue presente en todos los clubes galegos, pero do que sí non cabe dúbida e das ganas dos xogadores porque o balón comece a rodar e de ter unhas directrices que lle aclaren o horizonte dunha tempada que igual que a realidade será nova.