Yago Vázquez, un dos seis xogadores redondelanos que están no plantel choqueiro, considérase un xogador diferente aínda que non sabe cómo definirse, non ten supersticións pero sí algún ritual para os fines de semana que gañan, e gustaríalle ser adestrador aínda que non lle gusta adestrar.

Yago Vázquez, e outro dos xogadores redondelanos que están no equipo choqueiro. De feito, leva toda a vida no CD Choco, excepto dous anos en Pontevedra e medio ano en Avilés. No clube redondelano tamén comezou a dar as primeiras patadas ao balón “empecei neste deporte aos 5 anos en Casa Paco até que se fusionou en infantís e vinme para Redondela”, dende entou Yago non mudou a equipaxe vermella.

Chegou ao mundo do fútbol un pouco por recomendación médica “sempre fun puro nervio e cando era pequeno recomendáronlle aos meus pais que me metesen nalgún deporte porque non paraba quedo”. Considérase “un futbolista diferente” mais cústalle definirse como tal pero si algo ten claro é que “tiven sorte porque da miña xeración só eu estou no primeiro equipo xa que sempre puiden compaxinar o fútbol cos traballos”. Tarea non sempre doada porque precisamente, por motivos laborais esta tempada resúltalle imposible adestrar todas as semanas co equipo, así que o fai pola súa conta cando non pode acudir ás sesións en Santa Mariña.

A verdade é que nestas categorías nas que é imposible vivir do fútbol, o sacrificio que fan os xogadores e corpo técnico é admirable, pero según Yago “compensa senón ninguén o faría. De feito algúns dos meus compañeiros están a traballar ata as 19.00 horas e as 20.00 h xa temos que estar en Santa Mariña para adestrar e a esto súmalle as condicións climatolóxicas que a veces son moi duras. Pero aínda así compensa, pois se algo temos claro que por diñeiro non é, quizáis pese o ben que o pasamos xuntos pois somos un grupo increíble”. Por isto, Yago é dos que pensa que para ser futbolista máis que cualidades, que tamén son necesarias, hai que ter “gañas porque por moitas cualidades que teñas se non tes gañas senon adestras nin o traballas, de nada sirven”.

Yago non se considera unha persoa supersticiosa, quizáis porque compárase con Sergio Freiría, o segundo porteiro do equipo choqueiro, “sempre é o útlimo en sair do adestramento así sexan as doce da noite” pero sen embargo sí ten certos rituais para os fins de semana nos que o equipo logra unha vitoria “intento seguir a mesma rutina ese fin de semana, por exemplo nun partido que gañamos fora a Ourense a ver a un amigo, a seguinte xornada voltei a visitar ao meu amigo”.

Segundo capitán do equipo, afirma que o brazalete neste club “non pesa porque tanto a directiva como o corpo técnico dancho todo feito, ademáis de contar cuns compañeiros fabulosos. Somos unha piña”, aínda que recoñece que logo da marcha de Moli “o eterno capitán, pesou un pouco o brazalete”.

Yago non ten maior aspiración que a de “seguir disfrutando deste deporte en Redondela” de feito nin tan siquera plantéxase o seu futuro a corto prazo “non sei se contiuaré no CD Choco a próxima tempada. Depende da continuidade de Gonza, do adestrador, do Presidente se me permite seguir adestrando desta maneira e de si quere seguir contando conmigo; son moitos factores a valorar que agora mesmo nin me plantexo”. Pero ao que sí aspira o xogador redondelano e a  que “o equipo se manteña de aquí a final da tempada nos postos altos da clasificación e soño con volver a disfrutar do play off”; de ser así Yago Vázquez disfrutaría da súa terceira fase de promoción de ascenso do equipo. Algo que para o xogador é posible xa que “vexo ao equipo moi ben”.

Se non se plantxa o que será del na próxima tempada moito menos cando colgue as botas; pero sí sabe que lle gustaría “ser adestrador, de feito teño dos niveis, pero realmente non mo plantexei porque realmente detesto adestrar”. Deixemos que sexa o xogador que nos explique isto “non me gusta vir durante a semana a adestrar, a mi o que me gusta e competir e gañar”, entendo que neste punto coincidirán todolos xogadores, pero “xa teño a experiencia como adestrador de prebenxamins e gustoume así que non descarto chegar as er adestrador”.