O Cadete e Infantil de Liga gallega estrearánse este sábado en competición ligueira.

Un ano ou o que é o mesmo, 365 días tiveron que pasar para que os rapaces poidesen voltar a disfrutar da competicón ligueira. E así o farán esta fin de semana o equipo Cadete e Infantil da Liga Galega.

O formato competicional difere bastante ao que estabamos habituados até que o Covid chegou a alterar as nosas vidas. E o fútbol non quedou ao marxe de tal circunstancia, razón pola cal os nosos rapaces gozarán tan só de 10 semanas de competición nunha liga dividida en dous subgrupos; Norte e Sur. Ademáis, cada un destes subgrupos estarán divididos a súa vez en outros subgrupos 4 para o Norte e 3 para o Sur.

Tres semanas é o que durará a competición na que os equipos de cada subgrupo se enfrentarán en dobre volta mediante o sistema de puntos. Ao término desta primeira fase os dous primeiros clasificados de cada subgrupo xogarán unha segunda fase a los Grupos de Ascenso, entrementres o resto xogará a Copa Galega.

Sexa como fose, o CD Choco estará representado nas Ligas Galegas das categorías cadete e Infantil e competirán esta fin de semana. O Cadete enfrontarase ao ED Arousa o sábado 27 de marzo ás 12.00 horas no Campo A Pelada Faxilde. E o Infantil choqueiro fará o propio en Santa Mariña, o sábado tamén, ás 12.15 horas contra o Pontevedra CF.

 O resto de equipos choqueiros terán que agardar unhas semanas máis para poder disfrutar da competición ligueira.