Hoxe luns Santa Mariña recupera certa normalidade coa volta da canteira

A Comisión Delegada da RFGF aprobaba fai uns días a volta aos adestramentos das categorías base así como o inicio das competicións autonómicas nun formato exprés, con ascensos pero sen descensos.

Atendendo á Orde do 15 de febreiro de 2021 da Consellería de Sanidade na que se veu a modificar a situación do fútbol galego permitindo a p´ractica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, eso sí cunha serie de condicionantes.

De acordo con tal decisión os distintos equipos das diferentes categorías base retomarán hoxe luns, 22 de febreiro, os adestramentos no seu horario habitual antes da suspensión temporal de todolo deporte galego.

Neste contexto de emerxencia sanitaria o club recordaba aos seus xogadores a importancia de facerse o autoanálise e no caso e ter algún síntoma que non acudan aos adestramentos, continua desenfección das mans, toma de temperatura unha vez estén nas instalacións redondelás, prohibido o uso dos vestirarios, polo que terán que chegar cambiados da casa, e o uso obrigatorio da máscara.