Os técnico do CD Choco e do Arosa SC analizan en rolda de prensa o partido. Un encontro que se saldou cun empate a 3 pero que apiques estivo de levarse o equipo choqueiro de marcar Moncho a derradeira ocasión do encontro.

GONZALO: “Remontar ata en tres ocasións a un equipo como o Arosa, di moito sobre o CD Choco”

Gonza, o míster do CD Choco, comparecía ante os medios de comunicación congregados no Sta Mariña, logo de rematar o encontro entre o seu equipo e o Arosa SC. Un partido que tiña os alicentes necesarios para convertirse no encontro da xornada, e non defraudaron á afición que se achegou o Campo Municipal redondelano porque resultou un partido moi bonito para os amantes deste deporte. A chuvia, a gran protagonista da tarde tanto pola auga caída como os goles marcados.

Como calquera choque o de onte contra o Arosa SC tamén poder ter dúas lecturas, aínda que as dúas son positivas polo rival que os choqueiros tiñan en fronte quizá quedase a sensación de que puido ser moito mellor de haber materializado a derradeira ocasión do plantel vermello nos pés de Mochito.

Ao respecto o técnico de Mougás declaraba: “creo que o equipo estivo ben, sobre todo ao inicio que adaptámonos moi ben ao estado do campo que non era o propicio. Pasamos ao 4-4-2 en rombo e ahí estivemos máis cómodos. Pero para gañar este tipo de partidos non podemos cometer erros ao minuto 1 e meterche goles con tanta facilidade e sobre todo a un equipo que sabes que á mínima vaite facer gol”. Esta sería a primeira das lecturas de Gonza. A segunda: “creo que remontar até en 3 ocasións ao Arosa, un equipo que vai pelexar cos da zona alta da tabla, di moito do CD Choco. De feito temos a última ocasión de Moncho que é moi clara pero que non metimos polo que te vas cun reparto de puntos que ao final tes que dar por bo e xa pensar no seguinte compromiso ligueiro”. Pero como ben dí o adestrador choqueiro “ao final o fútbol son goles e hai que metelos para conseguir os 3 puntos. Nós non fumos capaces e nos vamos con un, polo que agora mesmo hai que dalo por bo”.

Sin esquecer a remontada deste choque “é complicado empezar perdendo ao minuto un e logo ao 46 porque tes que remar contracorrente para volver a meterte no partido e máis contra un moi bo equipo como o Arosa que sbes que á mínima vaiche a penalizar” Gonza recoñece que “faltounos contundencia defensiva. De feito houbo momentos claves como o primeiro gol que para mín foi un erro noso que non podemos cometer ao igual co segundo”. Con respecto ao terceiro gol encaixado Gonza comenta que “foi un accidente pero non se lle vai dicir nada a Cortegoso porque está facendo unha gran tempada sendo él quen nos salve en moitos momentos do xogo, e quen nos mete en moitos dos partidos, polo que hai que darlle a noraboa”. Un gol que parecía ía pasar factura ao conxunto redondelano “foi un mazazo de feito os seguintes dez minutos estivemos desubicados pero acabamos moi enteiros o partido, xogando no campo rival e xerando ocasións de perigo que era a nosa idea ”.

Dos goles do seu equipo cabe destacar o de Alberto Suárez, que entrou na lista dos mellores goles da xornada. Ao respecto cando se lle pregunta por este, Gonza bromea dicindo “Suárez que tire máis veces para que consiga goles deste tipo”. Yerai foi outro dos xogadores nomeados polos xornalistas que acudiron onte ao partido e como a Gonza no lle gusta persoalizar alabou o bo traballo deste xogador, que é evidente cada xornada, esperando del “que siga a este nivel e non baixe o listón”.

O CD Choco sitúase no 6º posto da táboa clasificatoria “estamos nunha situación clasificatoria increíbel, loitando como auténticos xabatos e a nosa idea e seguir dando guerra e continuar competindo desta maneira”, nos comenta Gonza quen aproveita para dar a “noraboa ao equipo polo esforzo que fixeron” porque para o míster o empate colleitado na undécima xornada “é xusto aínda que me vou coa sensación de que se alguén tievera que levarse os tres puntos ben puido ser o CD Choco”.

Rafa: “Este punto que sacamos aquí en Redondela podemos facelo bo, sumando os 3 da vindeira semana”

O adestrador arousanao, Rafa Sáez valoraba o punto arranxado en Redondela como de “noraboa” porque “vir a xogar a un campo coma este que sempre é complicado, contra un adversario que che pisa os talóns na clasificación e polo tanto é sempre sinónimo de dificultade, nun día, ademáis, climatolóxicaente desapacible polo vento, pola choiva e polo campo que non permitía a circulación do balón… pois sobrevivir ao partido é de valorar”. Aínda así Rafa recoñece “sentir rabia por non conseguir o 3 puntos porque non é doado adiantarse por tres veces ante un bo equipo e xogando na súa casa. Non quitarlle rédito a esta situación da coraxe máis no estou decepcionado porque coa mesma actitude e empeño, gañaremos a vindeira semana”.

De tódalas maneiras, Rafa síntese “satisfeito porque o plan b do equipo é moi bo. Viñemos con 3 baixas e isto quere decir que o equipo está vivo, que non ten once titulares senón 18 posibilidades de poder selo e iso e a grandeza deste equipo. Gañar ou perder un encontro é circunstancia dunha xornada, pero ter a posibilidade de dispor de dezaoito recursos humáns todalas semanas é motivo da maior satisfación que poido ter”.

Sáez amósase optimista de cara o seguinte partido porque asegura que chegan “moi ben a nivel anímico, traballando moi ben no día a día e temos confianza. O punto que hoxe quitamos aquí en Redondela, teremos que facelo bo sumando 3 puntos a vindeira semana”.