Tralo partido disputado na tarde de onte entre o CD Choco e o Rápido de Bouzas, Gonzalo e Adrián, técnico e xogador do equipo redondelano respectivamente.

1-1 foi o resultado final entre o CD Choco e o Bouzas, sendo os visitantes os que se adiantaron no marcador logo dunha xogada a balón parado. Adrián sería o autor do tanto choqueiro que costou un punto.

Gonza: “Estou satisfeito co empate por cómo se deu o partido”

Gonza analiza o partido “eles optaron por un posicionamiento sen moito espazo por dentro e pouco tamén entrelíneas o que nos dificultou moito a noso xogo, aínda que si houbo momentos, sobretodo na primeira metade, de chegar sobre todo por fóra”.

Tralo primeiro tempo os equipos marcharían ao vestiarios co marcador a cero “as sensacións ao descanso eran boas porque estábamos a levar o peso do partido sen ter moitas ocasións de gol al igual que eles, tíñamos o partido máis ou menos controlado”.

Xa na segunda metade “eles axustan mellor a nosa movilidade, situación que nos costa entender pero cos cambios o equipo mellorou e supo reaccionar” e recoñece que “a nivel colectivo estivemos cómodos pero a nivel individual houbo demaisadas inprecisións nalgúns momentos que nos restaron continuidade, e iso a nós penalizanos”.

O Rápido de Bouzas sería o encargado de estrear o marcador cun tanto que chegarían tras unha xogada a balón parado, aínda así o equipo redondelano seguiu loitando por conseguir unha suma. “Co 0-1 o Choco seguiu coa mesma idea e iso é co que nos temos que quedar. Evidentemente temos que seguir mellorando e pulindo cousas porque sabemos que moitos dos equipos cando xoguemos aquí en Redondela vannos a esperar a que erremos e isto é o que non podemos conceder e moito menos encaixar porque se nos porán os partidos moito máis diíficiles”.

Adri saltaría ao campo ben entrada a segunda parte e marcaría o tanto redondelano. Un empate que Gonza da por “bo tal e coma se puxo o partido e porque enfronte tiñamos un bo equipo con boas individualidades que traballa moi ben e que sabe axustarse ás necesidades do partido”.

O CD Choco segue nos postos altos da clasificación, na sétima plaza en con moi poucos puntos de diferencia co  terceiro clasificado, O Barco, pero Gonza recorda a todolos siareiros que “esta categoría é moi compricada e moi esixente polo que calquer partido se nos pode atragantar”. Por eso hai que pensar que “temos un punto máis para conseguilo obxectivo, que é a permanencia”.

Adri: “Prefería que marcase calquera dos meus compañeiros se iso supuxese unha vitoria”

Falamos co xogador que marcou o tanto redondelano tras saír ao campo na segunda metade. As sensacións que tivo entrementres estivo no banquillo  e que “ao equipo vinno ben. Na primeira parte fumos bastante superiores, o equipo estaba cómodo. Na segunda estivemos igual excepto 15 minutos nos que eles apretaron un pouco, teñen bos xogadores sobretodo ofensivamente. E aínda que eles se atoparon co gol nós seguimos loitando até o final”.

 E aínda que foron moitas a veces que o intentaron só foi un gol o que conseguiron. Adrián amósase contento por este tanto que vale un punto mais recoñece que “prefería que houbesen marcado calquera dos meus compañeiros se iso supoxose a vitoria, pero estou contento a nivel personal e de equipo por puntuar esta xornada”. Razón pola cal quizáis as sensacións que lle queda a Adri son que “perdimos dous puntos máis hai que pensar en positivo xa que puntuamos cando viñamos de dúas derrotas e agora o que queda e facer bo o punto o fin de semana contra o Polvorín”.