Quizáis aconteza que si falamos de Diego Rodríguez, ninguén o moi poucos sepan a quen nos referimos mais se decimos Vitra, a cousa cambia. Nestes días seguimos saudando aos nosos xogadores, dende a distancia, e sempre a través da pantalla para achegarnos un pouquiño máis a eles, que sempre están dispostos a compartir con nós o seu día a día, nesta situación atípica de confinamento.

Na súa primeira tempada no CD Choco, non deixa indiferente a ninguén, é un central rápido que se anticipa con eficacia ao seus rivais e con bo trato de balón na saída. Moi elegante en todalas súas accións. Entrementres aqueles que o coñecen de máis preto, aseguran que é unha peroa moi cercana e dialogante, sempre correcto no trato cos demáis.

O xogador, que compaxina os estudios co fútbol, considera outra das súas aficións a parte deste deporte,  “disfrutar dos meus amigos e da miña familia”.

Antes de chegar a Redondela, militou en equipo como o Alondras, Atios, Arousa, e Rápido de Bouzas. E que Vitra sempre se recorda cun balón nos pés “de pequeno sempre quería xogar como o meu irmá”, nos comenta asegurando que o fútbol sempre estivo presente na súa vida. Razón pola cal, o xogador comezou nunha temprana idade, 6 anos, a formarse no Indenpendiente F.C.

Logo destas primeiras pinceladas que xa nos poden facer unha primeira aproximación ao xogador, deixamos que sexa él quen nos conte, en primeira persoa, como leva a situación de confinamento e como influirá na competición. Tamén descubriremos da súa man, aspectos descoñecidos máis persoais que seguro nos axudarán a coñecelo un pouquechiño máis.

– Como levas o confinamento? Realmente hai días que os levo ben, a verdade, pero hai outros nos que me desespero.

– Como matas o tempo nestes días? Reordeando un pouco a casa, fago tamén algo de exercicio, veo series, xogo a consola….

– Segue Vitra as recomendacións do CT en canto oa exercicio físico e a dieta equilibrada ? Sí, vou facendo de todo un pouco. Hai días nos que fago o que mandaron e outros pola miña conta.

Que che gustaría que pasase en canto á competición? Crees que debera ser reanudada ou pola contra suspendida? A mín gustaríame volver a xogar e rematar a Liga, pois quería saber se nos íamos meter en play off.

– Que cres que pasará coa competición? Penso que se xogará en verán, pois non sería xusto suspendela, porque sería tirar o traballo dun ano pola borda. Por outro lado non creo que na Terceira División nos metan partidos entre semana, xa que hai moita xente que traballa, razón pola cal faime pensar que se xogará en verán.

– De que maneira afecta este parón aos xogadores? Este paraón mátanos por completo, pois vai ser un volta a empezar; porque ao final por moito exercicio que fagas na casa non é o mesmo que ir a adestrar; aínda así temos que seguir a traballar na casa todo o que poidamos para que se note o menos posible este parón.

– No caso de reanudarse a competición, cantas semanas cres que necesitarán os equipos para retomalas esixencias do campionato? Deixar de adestrar tanto tempo logo do ritmo ao que o facíamos, inflúe moito, polo que en caso de volver notaráse ao principio, pero esto é algo que acontecerá a todolos equipos. Eu penso que necesitaríamos dúas semanas para recuperar sensacións e o ritmo.

– Pensas que se debería poñer unha data límite para dita reanundación ou o importante é rematar a tempada independientemente da data na que nos atopemos? Eu creo que o importante é rematar a competición, pero ao non saber que medidas se irán a tomar é complicado saber o que facer. En teoría en xullo comenzaría outra tempada pero logo disto xa non están tan claras as cousas. Insisto, para mín sería importante acabar a tempada.

– Nestes días estánse a baraxar algunha opción… Cal cre Vitra a máis xusta? Xogar sí ou sí; xa que para mín non sería xusto premiar aos que van líderes porque aínda que agora o son, igual ao finalizar a tempada non o serían, quen sabe.

– Aínda así, de retomarse a competición, tamén pode ser perxudicial xa que logo de tantas semanas de parón non estaríades tan enganchados… Efectivamente que pode perxudicarnos, pero tamén beneficiarnos porque todolos equipos estamos a pasar polo mesmo. Obviamente, de retomarse a competición todos temos que poñer da nosa parte para recuperalo ritmo de xogo e o físico o antes posible e poder adapatarnos ao nivel da competición o máis rápido que poidamos.

– O vestiario veía posibilidades de meterse no Play Off?  Sí, xa que estábamos moi preto, a tan só 4 puntos do terceiro e cuarto clasificado. Son moitas as posibilidades de meterse, ademáis aínda temos que xogar contra o Arousa e o Barco, polo tanto estaría nas nosas mans conseguir unha praza que nos daría opción a xogar a promoción de ascenso. Non estamos obsesionados con este tema mais estamos moi preto dunha desas prazas e temos equipo para conseguilo.

Cómo te sintes no equipo redondelano nesta primeira tempada? Síntome moi cómodo e moi contento; somos un gran grupo humano e deportivo.

– Que destacarías do club redondelano? O ambiente familiar; dende o primeiro día acolléronme como a un máis.

– Entón existen posibilidades de ver a Vitra na seguinte tempada vestido coa elástica choqueira? A miña aspiración é crecer de categoría e se puidera ser no CD Choco, moito mellor.

Entendo que aínda che quedan soños por cumplir entón, non? Obviamente gustaríame chegar a xogar a nivel profesional aínda que nunca me marquei unha categoría en concreto, pero sí que me gustaría disfrutar da vida dun xogador profesional. Quizáis debín de preocuparme máis en moverme no seu momento ademais da fortuna dalgunha que outra lesión que como sempre veñen en momentos idóneos.

A verdade e que é moi grande o sacrificio que facedes durante a tempada… Qué ten este deporte para semellante entrega? Cando disfrutas do que fas non supón ningún sacrificio, vas a adestrar e desconectas do resto das cousas, o pasas ben cos compañeiros, fas exercicio, etc… Todo son cousas boas maila que hai días nos que che poda costar un pouco máis que outros. Eu é algo que necesito.

– Fánse amigos nun vestiario? Sí que se fan amigos nun vesitario, de feito contando con esta tempada son xa 4 anos os que levo compartindoo con Sergio Santos e creo que xa se me faría estrano estar nun vestiario sen él.

Aínda que é a túa primeira tempada, e pouco o tempo para albergar lembranzas especiais… Con qué momento te quedarías destes meses no CD Choco? Sen dúbida con todolos partidos disputados en Santa Mariña porque gústame ver dsifrutar aos siareiros do equipo e sentir o seu apoio.

– Eres dos que cre máis na mala sorte ou nun mal partido? Se me baso na experiencia deste ano, optaría pola mala sorte xa que creo que merecemos máis do que temos; obviamente nós tamén temos algo de culpa nisto pero penso que a mala fortuna penalizounos moito máis.

Ese momento nun partido que prefires esquecer… Sempre hai momentos concretos nos que pensas si fixera esta outra cousa ou o mesmos pero de diferente maneira; pero esto son unhas das cousas que ten este deporte polo que só queda aprender deses momentos que seguros a todos nos gustaría esquecer…

Es Vitra un xogador supersticioso? Procuro entrar no campo co pé dereito, pero nada máis.

 Sigues algunha rutina o día do partido? Ningunha a verdade. Procuro que sexa un día máis, porque non penso que facer algo concreto os días de partido cambie algo á hora de xogar.

– O día que colgues as botas gustaríache seguir vinculado ao fútbol e de que maneira? Xogando ‘pachangas’ cos meus amigos e como espectador.

– Para rematar… recomendacións para estes días.

a. Unha película: Malditos vecinos

b. Grupo de música ou cantante: Myke towers

c. Unha serie: All or nothing: Manchester city, Prisión Break.