“Espero que nesta tempada consigan o obxectivo do play off xa que o ano pasado o mereceron”

Hai ocasións nas que a toma de decisións son máis complexas do que asemellan nun primeiro intre. Sobre todo naquelas nas que a razón e o sentimento, neste caso choqueiro, confróntase nun cara a cara. Pero finalmente “cada un ten que mirar polo seu” e así o fixo Vitra que nesta tempada mudará de equipación e defenderá outro escudo e outras cores. “Foi unha decisión moi compricada porque estiven moi cómodo aquí, tratárnome moi ben e realmente sentínme como na casa”, nos comenta o xogador quen alega problemas para compaxinar os adestramentos cos estudos e falta de acordo no tema económico.

O xogador recoñece que “o meu paso por Redondela foi moi bo. Gustoume moito traballar cos compañeiros que tiven e con Gonzalo e Óscar”. Ademáis de “atopar o que buscaba; que era ter un ano tranquilo con un moi bo grupo e poder disfrutar deste deporte”. A pesar de que a tempada quedou curta logo de verse interrumpida pola declaración do Estado de Alarma decretado polo Goberno deixando ao equipo ás portas do play off, razón pola cal Vitra desexa ao xa antigo equipo de cara a esta tempada que “cumpla o obxectivo que quedou pendente xa que penso que o equipo merecíase xogar o play off