Xogador e club chegan a un acordo para cumplir a súa sexta tempada no club. O compromiso de Suárez é doble, como xugador e adestrador, pero “cando fas o que che gusta nada supón unsacrificio”.

Era unha incertidume o futuro de Alberto Suárez como xogador, ao ascender co equipo xuvenil á categoría División de Honor, mais os que o coñecen sabían que pola súa capacidade de entrega e compromiso, seguiría vestido a camiseta vermella esta tempada, a sexta para él. Un ano que sen dúbida algunha será moi especial para o xogador-adestrador, xa que, ademais, debutará nos banquillos da División de Honor. Exigencia doble que asegura “cando fas o que che gusta, non é un sacrificio”.

Suárez tiña claro que quería seguir xogando “teño 27 anos e aínda son moi xoven para retirarme, mentres o corpo mo permita e as circunstancias tamén quero seguir xogando”. Aínda sen planificación, por non saber como quedarán os grupos, “a predisposición de Gonzalo e o resto do Corpo Técnico de que seguira xogando xunto co meu desexo de seguir facendoo; fixo que isto sexa posible”.

De feito é curioso porque Alberto, ao igual que a tempada pasada, adestrará no equipo sénior con algún dos seus xuvenís “o Sénior é un equipo que aposta moito pola xuventude e moitos dos meus xogadores adestrarán conmigo baixo as ordes de Gonza”; situación atípica a vez que “positiva e da cal podemos sacar moito proveito se o seguimos xestionando como ata agora”. A priori pode parecer unha situación engorrosa mais Suárez asegúranos que “Gonza mais eu estamos en contacto permanente polo que faremos que sexa unha situación levadeira para todos”.

A pesar da esixencia que ámbalas dúas facetas lle requiren asegúranos que “o compromiso de todos nos é enorme, e  é máis, gústame que ma pidan como xogador e pedila como adestrador”.  De feito, xa está impaciente porque comence a competición porque non hai que esquecer que Alberto a tempada pasada viña dunha lesión longa e cando empezou a xogar e adestrar tiña molestias e dificultades para completar a semana en óptimas condicións, sendo xusto cando empeza a sentirse ben cando se produciu a suspensión da competición pola pandemia “teño moitas gañas de volver porque antes do parón estaba comezando a recuperar sensacións”.