O plantel redondelano consegue sumar unha xornada máis. Nesta ocasión nun campo moi compricado como é o de CD Pontellas. Reparto de puntos nun partido no que os de Gonza mereceron moito máis.

Quizá a afición redondela que se achegou a Porriño para alentar, unha vez máis, ao seu equipo, o CD Choco, quedasen coa sensación de ser poco o que conseguiron os seus nun partido no que os de Gonza dominaron dende o pitido de inicio até o final. Un punto, logo de deixar o marcador sen goles ámbolos dous equipos, amósase un pouco escaso para os méritos dos redondelanos. E sobre todo cando a ledicia de cantar un gol, xa co tempo reglamentario cumplido, quedou en un simple desexo, ao ser anulado por fóra de xogo. Pero antes de chegar aquí, 90 foron os minutos trasncurridos .

O once inicial elexido por Gonza foi o de Cortegos, baixo paos, Monchito, Diego, Aitor, Vitra, Alberto Suárez, Tomás, Caloi, Adri, Félix e Sergio. Tamén contarían con minutos de xogo Martín e Ranca.

Caían da convocatoria finalmente Yerai, Mario e Yago. Ao final do encontro preguntamos ao técnico de Mougás, Gonza, sobre as baixas quen nos comenta que “Mario lesionouse o xoves adestrando aínda que pensábamos que chegaría ao encontro desta tarde, finalmente non puido ser; Yago tiña molestias do partido do Domingo e Yerai pensamos que ía ser menos e esperemos que sexa o menor tempo posible o que pase alexado do terreo de xogo. Os que estamos agora temos que dar un paso hacia diante e seguer nesta boa dinámica”. Esperemos entón que non se teña que sumar á lista da enfermería Alberto Suárez que dañouse a man no primeiro minuto do encontro.

Dende o pitido inicial o CD Chouco fíxose coa batuta do encotro, dominaba o xogo dende a posesión do balón e aínda que se achegaba con peligro a portería local non eran capaces de materializar as ocasións creadas. Cunha boa ciruculación do balón dende a mitade de campo orixinaba que o rival se encerrase no seu campo para evitar as embestidas dos xogadores choqueiros. Aínda así, foron moitas as veces que puxeron en ‘jaque’ os de Pontellas. Tiveron que pasar 20 minutos para que os locais se aproximasen á portería de Cortegoso.

Desta maneira chegou o final do primeiro tempo cun marcador que non mudou de díxitos.

Final da primeira parte: CD Pontellas 0-0 CD Choco

Tralo tempo de recreo comezou a segunda metade onde a dinámica parecía repetirse. Un Choco dominante insisitía na portería local creando continuas ocasións de gol pero sen chegar a materializalas. Pola outra banda, os locais non ariscaban esperando un erro defensivo redondelano que puidesen aproveitar.

Pasado o ecuador desta segunda metade, un gol sería anulado para os locais por fóra de xogo. Auga da que tamén beberían os choqueiros, coas protestas da afición redondelana, na última do partido e despois dunha xogada combinativa moi boa do equipo que rematou dentro da rede local pero que o tío arbitral decidiu anular.

Final do partido: CD Pontellas 0- 0 CD Choco

Despois do encontro falamos co míster Gonza que se amosou “contento co rendemento do equipo” porque “cambiamos de sistema esta semana”. Gonza analiza o partido e considera que “o tivemos controlado dende o minuto 0 até o 90 pero e verdade que nos faltou acerto nos últimos metros. Foron moitas as ocasións que xeneramos e non fixemos gol, algo que non é doado de facer ante un equipo como o Pontellas que fai sufrir a moitos equipos cando teñen o balón”. Sobre todo na segunda metada “xogamos en campo rival pero non soupemos materializar as ocasións” e como de todo se aprende, Gonzalo e o seu equipo saben que “temos que traballar nesta situación e seguir insitindo en iso e para elo temos que seguir adestrando como o estamos facendo”.

Ao final isto é fútbol e Gonza considera que fixeron todo o que deberían facer en tódolos partidos como é “ter controlado o máximo posible o partido, intentar sufrir o menos posible e, pola contra, facer sufrir ao máximo ao rival”.

A ninguén lle amarga un dulce e dulce sería haber podido facturar os 3 puntos pero Gonza, a pesar desa sensación de ser merecedores dalgún punto máis, pensa que “sumamos que é o que queremos, levamos 3 semanas sen perder” ademáis  a “imaxe do equipo foi boa porque ao final en tódolos campos competimos moi ben. Estamos nunha boa dinámica, creo que estamos no camiño a seguir. Temos que seguir crecendo na idea de xogo porque cada semana somos mellor equipo”. Razón pola cal Gonza afirma que “non podo reprocharle nada o equipo, ao contrario, darlle a noraboa como cada domingo e cada día de adestramento”.

Na vindeira semana o plantel choqueiro terá un novo desprazamento no que Gonza espera “volver a dar imaxe que dimos en Pontellas”.