1-0 foi o resutlado dun partido no que o gol de Alberto Suárez vale os 3 puntos da xornada

Pouco o nada que decir sobre un partido no que o que conta e a suma dos tres puntos da xornada que certifica a permanencia do CD Choco na categoría. Ledicia e satisfacción é o que se respira en Santa Mariña logo da vitoria. Unha vitoria sufrida, cuxo sufrimento ven a reflexar o de todo un ano pois non é doado o día a día nun club modesto como o redondelano e moitos menos nunha tempada marcada pola Covid.

Non foi ata o minuto 79 cando Alberto Suárez logo dun centro atrás de Iano no área remata dentro da portería de Aaron para subilo primeiro e único tando do partido.

Un partido que comezaba con Cortegoso baixo paos, Yago, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Félix, Martin, Fran Monroy, Guille, Iano e Álex Figueroa. Aínda que tamén tiveron minutos Samu, Elías, Davo, Antón e Óscar Gil.

Polo Pontellas sería Aaron quen defendese a portería, Pablo, Chisco, Telmo, Edu, Javi, Nando, Rivhi, Rubén, Iago, Taboada.

Quizáis non fose o mellor partido do plantel redondelano, pero a sorte hai que buscala e así o fixeron buscando un tanto que costaba que chegase. Iano, Felix, Martin, Comis foron algúns dos que o intentaron. Mais tampouco os de Porriño o puxeron fácil e fixeron que Cortegoso se emplease a fondo baixo paos, firmando unha actuación sublime como garadián das redes choqueiras.

Calquera dos dous bloques podía romper o partido a seu favor pero finalmente sería o CD Choco que o conseguise.

Final do partido: CD Choco 1-0 CD Pontellas