O colexiado condicionou un partido no que saiu vitorioso o Silva SD. O primeiro dos goles locais foi de penalti, dubidoso, e o segundo por a mala fortuna dun mal despexe. Gonza en Sergio Feiría, segundo porteiro choqueiro, foron expulsados ademais do cartón amarelo ao 
noso delegado, Agustín.

Que ía ser un partido complicado, diso xa nos advertía Gonza, técnico choqueiro, na previa. O seu equipo teríase que adapatar a un campo e a un terreo de xogo ao que non están acostumados, pero con estas intencións viaxaban á casa do Silva SD pois querían ampliar unha semana máis, unha nova xornada sumando. Co que sí non contaba o plantel vermello era coa arbitraxe cuxo colexiado convertiríase no verdadeiro protagonista dun encontro, no que realmente o papel princial debería ser para os dous equipos que se xogaban os tres puntos da xornada.

A pesar de que o equipo local saíse beneficiado das decisións arbitrais, conscientes da situación, A Grela despediría ao árbitro baixo os acordes da canción “escándalo” que ben podería ser o título desta crónica.

Comezaba o partido con 11 de inicio por parte do Silva SD, con Damián, na portería, Brais Lema, Xusto, Fiuza, Jhony Rodríguez, Marcos Gómez, Geri, Sergio, Jacobo, Prieto e Fabio.

Gonzalo Fernández optaría por o 11 inicial con Cortegoso, baixo paos, Yerai, aitor, Yago, Vitra, Caloi, Comis, Sergio Santos, Adri, Martín e Jar. Aínda que tamén terían os seu minutos de xogo, Alberto Suáre, Félix e Edu Otero.

Con todo disposto no campo, comezaba avisando o Silva SD cun tiro certeiro  que pararía Cortegoso cuxa resposta non se faría esperar por parte do equipo redondelá. Nos primeiros minutos iniciais o encontro carecía de intensidade, na búsqueda de quen ser faría co control do partido, a maior parte do xogo desplegaríase no medio campo sen ocasións para ningún dos dous equipos. Pero nunha xogada polémica o árbitro comeza a dar vestixios do seu afán de protagonista pitando a pena máxima en contra do equipo choqueiro. No punto da pena máxima colocaríase Marcos Gómez, o capitán coruñes quen non erraría no seu tiro subindo o primeiro da tarde para os seus. Nesta xogada o noso delegado vería cartón amarelo por protestar.

Co luminoso en contra, duplicábanse as dificultades para os de Gonza pero non por elo deixaron de intentar acortar a distancia no marcador. Aínda que as ocasións máis claras dos choqueiras chegarían a balón parado. De feito no 19’ e 24’ dúas faltas otorgaríanlle a posibilidade de dar a volta no marcador, pero os remates Yago Vázquez, na primeira, e de Martin, na segunda, termiñaron en saco roto. O Silva SD co marcador ao seu favor replegouse no seu campo para frenar os achegamentos do equipo choqueiro impedindo as finalizacións que lles puideran complicalo o partido. Desta guisa, o CD Choco íase facendo con control e dominio do partido, pero sen materializar as poucas ocasións que lograban xerar.

Agora, sería a sorte a que se vistese coa camiseta do Silva, pois un despexe do esférico sen perigo aparente para Cortegoso, bate nas costas de de Jhony Rodríguez quen sen querelo marca o segundo para os seus. Coa marea en contra tería que remar o CD Choco durante os 45 minutos que restaban do segundo tempo. Co 2-0 chegaba o tempo de lecer en A Grela.

Final da primeira parte: Silva SD 2-0 CD Choco

A tónica da segunda metada sería a mesma que a do final da primeira. Un Silva pechados atrás con dúas líneas de cinco á espera da embestida choqueira mentres esperaban que o tempo pasase de feito o gardamenta local vería cartón amarelo por esa perda de tempo nos saques dende a súa portería. Aínda que os choqueiros o intentaban con internamentos moi bos por parte da banda de Martín os rematadores non eran quenes de materializar as xogadas.

O ambiente iá subindo de grao nas bancadas coruñesas polas decisións arbitrais chegando o punto culme coa expulsión de Sergio Freiría e Gonzalo Fernández, gardamenta suplente e adestrador do Choco, ambolos dous por protestar en dúas xogadas diferentes.

Así as cousas o xogo seguía en A Grela. O equipo choqueiro vía como o tempo corría en contra e xa nos derradeiros minutos Edu e Adri intentarían inaguralo marcador choqueiro sen sorte.

Logo do tempo de desconto chegaría o final dun partido no que o CD Choco non foi capaz de sumar unha nova xornada máis, logo de cinco consecutivas.

Final do partido: Silva SD 2- 0 CD Choco.