O CD Choco e CD As Pontes mediránse o sábado 22 ás 17.00 horas en Santa Mariña. Falamos con Gonza e Caloi, técnico e xogador choqueiros.

A cita o sábado, a hora as 17.00h, o lugar Santa Mariña e o rival o CD As Pontes. Todo disposto xa para afrontar a viséximo quinta xornada da liga á que ámbolos dous equipos chegan con tres puntos máis, acados na anterior.

Aínda que na primeira volta o CD Choco levouse o partido por 2 goles a 3, Gonza, técnico do equipo redondelá, pensa que o rival ao que se medirán este sábado “é un equipo moi diferente ao da primeira volta” pois “é moito máis práctico, xoga dunha maneira máis directa”. Idea refrendada por Caloi, xogador co que falamos esta semana “As Pontes cambiou un anaco a forma de xogar; é moito máis compacto e directo” e ademáis sinala que “Carlos é un dianteiro zurdo de gran calidade, e Pardo, xogador de banda destro xoga a perna cambiada e é moi potente” como xogadores diferenciais dentro do bloque pontés.

Pese a dificultade do rival, o equipo vermello sabe que se de alguen depende a coseita dun bó resultado é deles mesmos e así nolo di Caloi “a vitoria de Choco pasa por ter moito o balón, xa que a eles lles costa estar sen el, e por marcar o ritmo do partido, ademais de por controlalas contras, obviamente” e o xogador nos asegura que así será porque “o CD Choco na casa sempre plantexa un partido de ir a buscar ao rival e esta vez non será menos. Intentaremos ter o balón e, co noso estilo, atacalos o máximo tempo posible e, como non, conseguir os 3 puntos”.

Sexa como fora, do que sí son conscientes é da importancia de sumar os tres puntos, e non só por “acadar unha boa xeira de resultados”, afirma Caloi porque “a idea de xogo do equipo está por enriba dos resultados” e “o equipo amosábase tranquilo aínda sen gañar, aínda que é certo que as vitorias refórzanche un pouco máis e fanche adestrar máis contento”. Importancia que para Gonza está mais no achegamento a permanencia “de conseguir a vitoria poríamonos con 40 puntos e case teríamos certificada a permanencia o cal sería un paso moi importante porque aínda queda moito de competición”razón pola cal anima a “xente para que vaia a Santa Mariña a axudarnos e apoiarnos porque temos que ser fortes na casa onde nos dous últimos partidos acadamos dous empates”. De todalas maneiras o “equipo chega ben a esta xornada pois creo que levamos un ano moi regular con adestramentos de calidade, e quizáis sexa isto o que nos fai máis fortes e penso que é o camiño que temos que seguir”, afirma Caloi.

Gonza asegúranos que “os xogadores están moi animados logo da vitoria da xornada pasada a cal necesitábamos porque os resultados non estaban a ser todolo bó que terían que ser polo que estábamos a facer no campo, polo que temos que aproveitar este resultado para afrontar o partido coas maiores das ganas”.