Non se considera educador pero esixe que os seu nenos sexan educados e respetuosos porque non tolera a falta de disciplina. Intenta conseguir que os seus sexan unha piña, porque así todo é máis doado aínda cando se perde.

Seguimos a falar cos adestradores da base choqueira. Os métodos de traballo, o tipo de adestramento e as claves na educación deportiva son algúns dos temas que esta semana falamos con Toni, adestrador do Benxamin A. Equipo competitivo que está a facer unha tempada espléndida aínda que nestas idades quizáis este aspecto sexa o menos importante a pesar de que “a todo o mundo lle gusta gañar”, recoñece o adestrador.

Que Toni vive o fútbol non é un segredo a estas alturas, pois basta con asistir a un adestramento ou algún partido dos seus rapaces para darse conta. De carcater temperamental, resulta imposible velo quedo na banda; sen dar indicacións, aplaudino ou correxindo algunha xogada. Recoñece que sempre adestrou a equipos de infantís para abaixo “polo meu carácter xa que a falta de disciplina sácame das miñas casillas e aos máis pequechos é moito más doado telos no seu sitio”.

Quizáis na paciencia está a clave “non hai que ter paciencia para adestrar aos rapaces, o que sí hai que ser é capaces de forxar unha disciplina a partir da cal se convertan en nenos con autonomía. Eu poño unhas pautas e normas para facer unha piña, un equipo, sobre todo para cando as cousas vaian mal, se hai grupo non hai problema. Teñen que saber que ti eres o que mandas porque como lles deixes un pouco de marxe, mareanche. Meu equipo sabe cando ten que ir a beber, cando recoller o material e, en definitiva, o que quero deles en cada un dos adestramentos”. E ¿qué é o que quere Toni? “que non baixen o nivel dos adestramentos, por eso insisto que se non están ben non veñan a adestrar”. O que non me gusta é que “os pais castiguen aos rapaces sen deporte, no meu equipo non pasa, pero non vexo ben este tipo de castigos, hai que quitarlle outras cousas pero non o deporte, porque estás facendo que o neno falte ao compromiso adquirido co grupo e se ese día faltan máis compañeiros desfanche o equipo”. Obviamente Toni tampoco cre que o seu papel sexa o de educador “esta labor faise dende a casa pero eu sí que lles esíxo esa educación; chegar a hora marcada, saudar cando chegan e se van, que non teñan malos xestos cos compañeiros, etc

A pesar da súa xuventude, Toni xa leva 17 anos nos banquillos do fútbol base mais antes de chegar a Redondela pasou polo Rápido de Bouzas e polo Santa Mariña. Aínda que para él non é fundamental pero sí importante, foi xogador antes que adestrador “é importante para entender o por qué das cousas e isto só cho da os coñecementos adquiridos na etapa de xogador”. Como por exemplo os coñecementos tácticos que xa se lles comeza a ensinar na categoría Benxamín “teñen que ir controlando certos aspectos tácticos, teñen que saber onde colocarse segundo a posición que lle pido”. Aínda que nestas idades non teñen unha posición definida “sí é certo que todos queren ser dianteiros porque todos queren meter goles”. A pesar deste afán individualista, propio da idade, Toni nos asegura que “teñen concepción de equipo e saben que se gañan, gañan todos e se perden tamén perden todos”. Máis problemática é a posición baixo paos, ninguén quere ser porteior, de feito “tiven que falar cun deles e agora está encantado, de feito creo que é un moi bo porteiro”, comentanos Toni.

Aínda que no que vai de tempada non experimentaron a derrota Toni sabe que lles afecta porque “cando imos por detrás do marcador xa lles doe; son rapaces moi competitivos”. Quizáis a razón este na tempada anterior, na que ao contrario que nesta, “só gañaron cinco partidos. O ano pasado foi moi duro porque se perdía moito, se descendeu pero o traballo que fixemos está a dar os seus frutos nesta tempada”. Pero máis que seguir líderes, o que lle interesa a Toni é a mellora continua “hai que ser consciente das posibilidades porque todo depende do que teñas, a un neno 10 non lle podes sacar un 11 pero a un neno 5 sí lle podes sacar un 6 ou 7. Sempre queres mellorar.”

Toni conta con 13 rapaces no equipo, de 8 e 9 anos, e se algo destacaría deles é que “o meu equipo que son moi competitivos, que lles gusta xogar, que aprenden moi rápido e tamén o grupo de pais; os rapaces son amigos, son equipo”.