Iano, Caloi, Martín e Monroy foron os autores dos 4 tantos redondelás que supuxeron unha nova suma para o equipo de Gonzalo Fernández.

Partido clave para os intereses choqueiros o que se disputaba esta tarde en Santa Mariña. Partido ao que o CD Choco chegaba con baixas importantes polo que Gonza contou cun 11 de inicio formado por Kevin, na portería, Samu, Elías, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Davo, Martín, Fran Monroy, Guille e Iano. Entrementres os do Racing Club Villalbés apostaría por Rumbo, baixo paos, Diego, David, Diego, José Luis, Alberto, Fernando, Francisco, Jose, Daniel y Bruno.

Con todo disposto comezaba o partido en Santa Mariña que rexistraba unha boa entrada sempre respetando o aforo máximo e as correspondentes medidas anti COVID.

O CD Choco xa demostraba nos primeiros intres do partido que entraba moi enchufado ao encontro. De feito tan só tiveron que pasar 4 minutos para que a saca se rompese a favor dos choqueiros tras un centro dende a banda esquerda de Caloi tras un saque de falta que Iano non desaproveita para remaptar en planta ao segundo pao.

Co resultado de 1-0 no luminoso redondelano o plantel redondelá non baixaría a garda e tres minutos despois Davo desaproveitaría unha gran ocasión tras unha xogada pola banda dereita de Monroy e que o dianteiro no seu remate encóntrase coa madeira.

O CD Choco dominaba o encontro mailo resultado non só polas ocasións creadas senón tamén pola boa actuación de Kevin, que non estaba a ter moito traballo, mais no 27 tivo unha moi boa intervención evitando un primeiro tanto visitante, que ben non pudo evitar no 30 tralo tiro de falta de Daniel que empata o partido.

Davo, Caloi e Monroy terían oportunidad de ampliala distancia no marcador máis o empate a 1 sería o resultado co que se chegaría o tempo de lecer.

Final da primeira parte: CD Choco 1-1 RC Villalbés

 Tralo paso por vesitiarios, de novo un gol tempraneiro viría a desequilibrala balanza a favor do equipo choqueiro, tras un rexeite ao borde do área que Caloi clava na escuadra e ante o cal pouco ou nada puido facer Rumbo.

De novo as olas viñana mansas para o CD Choco quen era quen provocaba a marexada coas continuas embestidas, das cales unha obtería premio sendo Martin o autor do terceiro tanto tras un pase en profundidad de Monroy que dende a línea de fondo pasa a Martín e, éste, sen dubidalo remata ao primeiro pao.

Parecía que co 3a 1 o remate do encontro asemellaría tranquilo, máis nunha fase coma esta, a do play off, e nunha categoría como a Terceira, todo é menos tranquilo. As revolucións nas bancadas traspasaban ao campo nun partido que crecía en intensidade. O Villalbés parecía que pouco a pouco ían facéndose o seu lugar no campo e chegaban con moita máis facilidade á portería defendida por Kevin. Insistían no área redondelá ata que no minuto 80 obterían recompensa a esa insistencia cun tanto de Bruno tralo seu remate logo dun saque de esquina.

3-2 e 10 minutos por diante, aínda quedaba moito e o partido estaba totalmente aberto. Nas idas e venidas dos dous conxuntos ás áreas rivais aumentaban probailidades de acortar o ampliar distancias no marcador según o caso, máis sucedería o segundo dos caso pois no 86 Monroy subiría o cuarto para os seus.

4-2 e 4 minutos para rematar o encontro. Parecía que xa estaba sentenciado o partido, pero de novo error. A falta dun minuto para finalizar o encontro o Villalbés márcaría o terceiro. 4-3 e case cinco minutos de prolongación que o equipo visitante non dubidou en aproveitar e puso e tensión a toda Santa Mariña intento conseguir un empate que nunca logrou.

Final do partido: CD Choco 4- 3 RC Villalbés.