O xogador redondelá pensa que será un partido compricado pero que viaxan coa intención de sumar no Campo de A Lomba este domingo ás 17.00 horas.

Segue en marcha o campionato ligueiro chegando á quinta xornada na que o CD Choco viaxa a Vilagarcía para enfrontarse ao Arousa SC. E o fai con 3 puntos a maiores no seu haber, logo da vitoria da semana pasada contra o Ourense CF. O equipo choqueiro de novo o fai como visitante; a xornada pasada visitaba a casa do colista, nesta ocasión visita a do líder da clasificación.

Falamos con Alberto Suárez “o equipo chega moi ben a esta xornada. A pasada tivemos un partido moi complicado e o feito de sumar os 3 puntos no último minuto foi un subidón de adrenalina enorme que nos fixo encarar esta semana con moita ilusión para poder ser capaces de sacar algo nun campo tan difícil e ante un equipo do nivel do Arousa”. O plantel de Gonzalo Fernández está adestrando “moi ben. A medida que pasan os días o equipo coñécese mellor, o que fai que estemos máis unidos, e fainos mellor equipo cada semana”. Unha unión necesaria, pois din que fai a forza, para estar á altura nunha competición atípica dunha tempada curta e nun grupo con moito nivel e de moita dificultade. “Neste grupo penso que vai a estar todo bastante igualado aínda que sí é certo que en tres ou catro xornadas dividirase un pouco e xa se empezará a ver aos equipos que pelexen por quedar o máis arriba posible entrementes e pola contra, os outros que queden na parte baixa da táboa clasificatoria”, comenta Suárez quen asegura que “este mes é moi importante para intentar meternos nese tren de cabeza e evitar así, o perigo dos postos de abaixo” porque só desta maneira “poderemos xogar con maior tranquilidade que é un aspecto moi importante pola nosa maneira de entendelo xogo”.

Para conseguir este obxectivo a curto plazo sería importante poder puntuar esta fin de semana, aínda que cómpre complicado non é imposible. Alberto considera que o Arousa “a nivel individual é un dos grandes equipos da categoría, teñen futbolistas diferenciais con xogadores moi importantes en todolos postos; polo que todo o que sexan duelos ou situacións de un contra un vai en nosa contra. É un bloque moi forte, moi físico e alí no seu campo teñen moi boa transición ofensiva”.

E si a todo isto lle sumamos que o Campo de A Lomba “é un campo que lle costa a todolos equipos porque ademais de ser de herba e moi grande” parece que todos son inconvenientes para sumar. Pero nada máis lonxe de realidade, pois se algo caracteriza a este equipo e que nunca baixa os brazos, unha filosofía de equipo que lles fai viaxar sabendo que “temos que estar moi finos co balón, ter claro o que temos que facer, que a súas transicións sexan as mínimas posibles e intentar xogar a maior parte do partido en campo rival”. Porque para Alberto o seu equipo está “a un nivel aceptable de xogo aínda que penso que nos falta un pouco máis de pausa, porque se por algo se ten que caracterizar o CD Chcoco é polas posesións longas; e será por aquí por onde virá a nosa mellora”.