Falamos con xogador porriñés nos que é a súa primeira tempada no club redondelano.

Sergio Santos comezou nisto do fútbol con 6 aniños xogando no Louro de Tameiga, que é o pobo onde vive,  práctica que compaxinaba coa do fútbol sala no equipo do Colexio el Martin Códax. Sergio chegou a canteira do RC Celta onde estivo 9 anos, dous dos cales xogou no filial, no Celta B “aquí ves un pouco máis de preto o primeiro equipo porque vas quemando etapas e ves como de todolos teus compañeiros cos que empezaches só estas ti e dous máis. Ao final chegar a Primeira División son palabras maiores, inflúen moitos factores como a madurez que, en ocasións, con 19 anos aínda non a tes”.

Na súa primeira tempada no CD Choco “quédome co día a día no que disfruto cos meus compañeiros en cada adestramento” por eso Sergio pensa que “o día que non disfrute competindo ou adestrando ou non me vexa capaz, xogareis no fútbol a menor nivel”. E desta maneira, en non doutra é como se ve o xogador unha vez que colgue as botas “até que o corpo me o permita” aínda que tamén lle gustaría estar ligado a este deporte dende “a Federación pois me gusta moito o traballo que se está a desenrolar nela. Admiro ao Presidente, Rafael Louzán porque cambiou moito o fútbol galego en moi poucos anos”. Traballo federativo ao que está acostumado xa que Santos é asambleísta da Federación Española na que representa aos xogadores da Segunda B e Terceira División.

Un apasionado do fútbol, así é Sergio Santos. Unha paixón da que actualmente non pode seguir gozando polo confinamento que estamos a sufrir todos os españois por causa do COVID-19, quen foi quen de paralizalo mundo, entre outras cousas as competicións deportivas entre elas o fútbol. 21 días xa pasaron dende que se estableceu o estado de alarma, e a medida que estos pasan Sergio ve máis compricado que a competición se retome tal e como o Presidente da Federación, Luis Rubiales, declaraba hai uns días “obviamente a min tamén me gustaría que as competicións se rematasen pero sempre dentro dun plazo ou con alternativas que o fisexen posible sen perxudicar aos xogadores”. Así o pensa Santos a pesar de recoñecer que o parón chegou nunha “boa xeira do equipo e nun posoto idóneo para loiar polo play off. Veíamonos con opcións para disputar a promoción de ascenso”. De voltar ao terreo de xogo Santos pensa que necesitarán al menos “un bo mes de adestramento para poder volver a competir pois este parón asemella ao que se produce tras rematar a tempada no que estás dous meses sen adestrar”. Polo tanto, falaríamos dunha pequena pretemporada antes de retomar a competición. O tempo dirá ao final no que queda esta tempada xa que son moitas as opción que están enriba da mesa.

Días de confinamento que cada quen leva como mellor pode máis Santos asegura que “non o levo del todo mal porque teño a sorte de vivir nunha casa cos meus pais, e podo saír ao xardín”, unha situación nova para todos nós aínda que non tanto para Sergio pois, como opositor a Policía Nacional, sabe que é esto de estar encerrado na casa aún así “bótase moito de menos adestrar e tomar algo cos amigos; algo que seguramente fai un mes non valorábamos tanto como agora”. Polo tanto, Sergio Santos aproveita estos días “para seguir estudiando eso sí sen descuidar o exercicio físico”. O xogador segue as normas pautadas polo preparador físico do club redondelán, Cristobal, aínda que recoñece que “sempre me gustou manterme en boa forma e comer sano e con isto non me refiro a privarme de cousas senón a comer alimentos naturais evitando os procesados”.

Rematamos a entrevista con preguntas cortas.

  • Rutinas o día do partido? Non comer moito e facelo con tempo.
  • Supersticións? Pegar un salto co pé dereito ao entrar no campo.
  • Que máis deportes practicases? O ciclismo e o esquí, ambolos dous os practico sempre que podo.
  • Un libro: La verdad sobre el caso Harry Quebert
  • Unha película: Cadena perpetua
  • Un grupo de Música ou cantante: Estopa
  • Unha serie: Prison Break.