O CD Choco viaxa á casa do Silva SD para disputar a 26 xornada o domingo as 12.00 horas no campo de A Grela. Falamos con Gonzalo Fernández e Sergio Santos.

Este domingo o CD Choco ten unha cita moi importante na cidade herculina. Viaxa A Coruña para disputalo partido da 26º xornada da competición ligueira en A Grela contra o Silva SD. As 12.00 horas é a hora acordada. Un vello coñecido, pois con éste será a décimosegunda ocasión na que se enfronta, con reultados parellos entre os dous bloques polo que todo pode pasar.

Decimoquinta e quinta, esta é a plaza que ocupan o equipo coruñés e redondelá, respectivamente. 11 puntos distan entre eles, pero isto non garanta absolutamente nada porque cada partido é un mundo e todo pode pasar. “Se ben é certo que afrontamos este partido coma un máis, pero coa motivación extra que nos da a clasificación, nesta liga os equipos fánse fortes na casa e calquera che pode gañar”, asegura Sergio Santos, xogador co que xogamos esta semana.

E que nada está escrito até os 90 minutos ben o sabe o plantel vermello como tamén coñece a complexidade do rival desta semana. “O partido de mañá é moi compricado polo campo, que condiciona moito o xogo, e polo rival porque a súa posición na táboa obrigaos a sacalos puntos aínda que para nos tamén son moi importantes”, o que fala, Gonzalo Fernández, técnico do CD Choco. E logo de todala semana adestrando e estudando ao rival “é un equipo moi físico, forte, que lle gusta o xogo directo” comenta Santos quen nos lembra que “no partido de ida fomos claros dominadores, en dúas xogadas nos gañaron o partido”. Razón pola cal a vitoria, para Sergio Santos, pasa por “non encaixar ningún gol” xa que para o xogador a clave está en “empezar a gañar o partido dende a defensa”. Gonza, pola súa parte cre que “nós teremos que gañar moitos segundos balóns nun campo no que eles están moi cómodos e para nós non é o mellor esceario posible pero ao cal debémonos adaptar”.

E isto é precisamente o que levan traballando durante toda a semana nos adestramentos, “estou moi contento co equipo porque todos nos axudamos moito, os xogadores aprétanse, uns a outros, durante a semana para que ninguen se relaxe e isto fai que o nivel de competitividade aumente”, afirma Gonza. Ambolos dous aseguran que á cita do domingo “chegamos ben” nos recoñece Santos, quen engande “a nivel táctico o mister sempre nos axuda e facilita todo o posible o partido da semana e iso agradécese, o saber que tes que facer no campo; agora esperamos ter nós o día”. Esperemos que así sexa pois como ben di o mister redondelá “cada semana temos que competir mellor para rendir mellor; esa é a idea de aquí até final da tempada”.