Decisión que supón pór fin a súa etapa choqueira

Tan só 8 meses bastáronlle a Sergio Santos para levarse un grato recordo do CD Choco, equipo no que recalou a tempada pasada. Trinta e dúas semanas ou, o que é o mesmo, douscentos vinte e catro días vestindo a equipaxe vermella, nun curso ligueiro que rematou de maneira precipitada como ben se sabe. Pero foi tempo suficiente para que Sergio Santos se leve “moitas amizades. Coñecín a grandes compañeiros que pronto se convertiron en amigos”, do seu paso por Redondela.

Como sempre acontece, seguro que Santos aproveitou o seu eriplo choqueiro para encher a mochila de experiencias, entre elas “a aprendizaxe. Grazas a inisitencia de Gonza e Óscar aprendín moitas cousas en moi pouco tempo”; aprendizaxe que seguro Sergio soubo aproveitar para crecer como xogador e persoa.

Botarei de menos o día a día”, declara o xogador, a convivencia diaria con toda a familia choqueira, pois quizáis esta peculiraridade de ser un club familiar é o que o fai “divertido” asegúranos o xogador quen tamén recoñece que “o grupo” e outra das cousas que añorará.

Precisamente toda a familia choquiera, sen excepción, deséxalle a Sergio Santos a maior das sortes no seu novo proxecto ao tempo que lle da as gracias pola entrega e o compromiso acadado co club durante a tempada.

Aquí tendes un amigo para o que necesitedes porque só teño boas palabras para este gran club; dende o Presidente até o último xogador,  quenes dende o principio tratáronme coma un máis e axudáronme moito. Grazas!”, desta maneira Sergio Santos pon fin a súa etapa redondelá.