O cancerbeiro cambia o balón polos libros.

Tan só unha tempada chegoulle ao xoven porteiro para sentir “moita pena por ter que deixar o equipo”, pero no seu afán de seguir cos seus estudos veuse obrigado en cambiar o balón polos libros.  Sergio Freiría irase de Erasmus o que lle imposibilita, como é obvio, continuar no equipo redondelá.

De feito, ao falar con él non é capaz empregar o tempo pasado na súa despedida “temos un grupo moi bó” e recoñece que “sentinme moi feliz no equipo”; de feito asegura que tanto é así que “de non ser porque me vou, seguiría no equipo encantado”.

Dende o club agradecémoslle os servizos prestados durante a tempada e desexámoslle a mellor das sortes nesta nova etapa que comeza.