O equipo Sénior e o Xuvenil División de Honra seguen coa súa preparación de cara o campionato ligueiro con partidos ao longo desta semana.

O CD Choco segue a preparación de cara o campionato ligueiro tanto no equipo Sénior de Terceira División coma no Xuvenil División de Honra. Razón pola cal sendos equipos afrontan unha semana de compromisos amigables con equipos de diferentes categorías.

O equipo de Gonzalo Fernández disputará o que será o seu terceiro amigable. Nesta ocasión farao contra o Vista Alegre Estudiantil que visita Santa Mariña, mañá mércores ás 21.00 horas. Tamén na xornada do mércores os de Alberto Suárez desplazaránse A Coruña para disputar o encontro contra un Terceira, o UD Paiosaco que se celebrará en A Porta Santa ás 20.30 horas.

O sábado, día 3, ámbolos dous equipos volvlerán a acción e o farán en Santa Mariña. Na xornada matinal, ás 11.30 horas, será o equipo Senior quen saltará ao céspede redondelá para enfrentarse ao Xuvenil División de Honra do RC Celta. Mentras que o Xuvenil División de Honra choqueiro farao xa pola tarde ás 17.00 horas para disputar un encontro contra o Xuvenil de Liga Nacional do RC Celta de Vigo.

Nos encontros que se disputarán en Santa Mariña poderá entrar público pero con aforo limitado e sempre respetando as medidas de seguridade; entre elas o uso obrigatorio de máscara.

Lémbrase a tódolos aficionados que se acheguen ás instalacións redondelás que poderán facerse socios nas oficinas do clube que permanecerán abertas de 17.00 a 22.00 horas.