Parón na competición ligueira esta fin de semana e que regresará o 15 de decembro, xornada na que o CD Choco recibe ao Alondras CF no Santa Mariña.

Semana atípica na axenda vermella e na de todos os siareiros da Terceira División. Fin de semana de descanso na que non haberá competición ligueira polo que o plantel vermello gozará duns días de descanso. Esta é a razón polo que o plantel vermello adestrará tan só hoxe luns e o mércores tendo libre o resto de semana.

Días propicios para que os xogadores choqueiros tomen forzas para enfrontar os últimos partidos desta primera volta. De feito, o próximo día 15 retómase a competición nunha xornada no que o CD Choco recibe ao Alondras CF para logo o 22 viaxar a terras compostelanas para enfrentarse o SD Compostela.

Trala visita á terra do Apóstolo Santiago o equipo gozará dunha nova semana de descanso para volver a competición a noite de reis, o 5 de xaneiro, poñendo fin á primeira volta o 12 dese mesmo mes na casa do Bergantiños.

Así as cousas, os choqueiros chegan a esta xornada de descanso de doce trala vitoria colleitada onte ante o Arenteiro, sumando 3 puntos máis que os achega ao quinto e cuarto clasificado, o Arosa e o Fabril con 26 e 27 puntos respectivamente.