O central choqueiro, Samuel Santos, opta por repetir vesitario.

“Queremos rematar o que comezamos a pasada tempada”, así de contundente amosábase o xove xogador redondelano na rolda de prensa na que se publicaba a súa continuidade. Obviamente, o xogador choqueiro referírese o obxectivo do play off, pois hai que lembrar que o C.D Choco acadou o quinto a tan só catro puntos de tan ansiada recompensa. Con estas ansias chega a metade do plantel mais haberá que agardar a saber como quedará a competición e aos obxectivos marcados polo míster, Gonzalo Fernández.

O xogador, que chegou no mercado de inverno, non lle costou tomar decisión porque a entidade deportiva non é descoñecida para él xa que a pesar de pasar algún tempo probando sorte noutros equipos, como no Rayo Vallecano, é un xogador da casa. “Estou moi ilusionado con volver a xogar en Redondela” afirmaba Samu quen engadía “e teño moitas gañas de que comece a competición”.