Compaxina a súa faceta de nai, co seu traballo nun supermercado e como membro da directiva

Que son tempos difíciles os que estamos a vivir, non é descoñecido para ninguén. Cada quen leva o seu día a día de confinamento da mellor maneira que pode, máis aínda hai certos sectores da poboación que nin tan sequera poden quedarse na casa, cousa que a moitos dos que si poden non o fan, a pesar do risco que iso conleva non só para eles senón tamén para o resto.

Falamos dos sanitarios, farmacéuticos, transportistas e todos aqueles traballadores do sector da alimentación que todos os días acuden aos seus postos de traballo, en pro de faciltarnos a vida os que ben podemos traballar dende o noso fogar, expoñéndose a ser infectados polo COVID-19 que chegou ao noso país, esperemos para non quedarse, pero sí para poñer patas arriba as nosas vidas.

Unha destas heroínas, pertence, como tantas outras e outros ao noso club. Un club modesto cuxa directiva está conformada por persoas que se moven polo amor a uns cores e a un escudo. De maneira voluntaria e sen ánimo de lucro loitan día sí e día tamén, polo mantemento e o crecemento da nosa entidade deportiva mentres o compaxinan coas súas obrigas laborais e familiares, robándolle tempo ás segundas por unha única recompensa de ver “a satisfación dos máis pequenos ao practicar o seu deporte favorito, e o orgullo de ver como equipo Sénior leva o nome da nosa vila por todolos recunchos de Galicia e, en ocasións, cando se xogou o play off, por España”. E con esto é suficiente para que Rosana Gonzalez, directiva coa que hoxe falamos, siga botando unha man no club que a veu nacer. “Meu pai foi directivo do CD Choco polo que fun criada neste ambiente, pasando os primeiros anos da miña vida neste club”. Pode parecer estrano máis Rosana ten un explicación para todos aqueles aos que lles costa entender esta paixón polo Choco “máis raro é ver como hai xente que adora a un club, ao que nunca foi a ver ao campo, como pode ser o Real Madrid ou Barça. Eu quero ao club da miña vila, ao CD Choco”.

Tamén é de destacar que “sempre me gustou o fútbol, dende ben pequena” e este é un punto que tamén xoga a favor. A verdade é que na familia de Rosana parece que esta paixón polo escudo choqueiro transmítese xeración tras xeración. Agora o seu fillo, Álex, é xogador dun equipo da base e quen sabe si nun futuro seguirá os pasos do seu avó e da súa nai.

Con este serán cinco os anos que Rosana leva colaborando coa entidade choqueira, aínda que algúns menos na directiva. Pero pouco o nada ten que ver porque se algo ten de peculiar este club e que todos os que colaboran nel, independientemente de formar parte ou non da directiva, botan unha man en calquera sitio onde se precise. Por eso non é estrano ver ao Presidente e o resto da directiva, detrás da barra da cantina atendendo, na entrada vendendo os pases aos partidos, rifas ou lotería do nadal, entre outros moitos menesteres. Quizáis aquí sexa onde mellor se perciba a honestidade do club.

Eso sí, xa como parte da directiva intentan “levar un orden en todolos sentidos para que o club funcione como é a búsqueda de recursos económicos chamando ás portas de empresas, tendas ou particulares para que nos axuden á supervivencia da entidade” de feito, puntualiza Rosana, “en ocasións para que as contas den es siga para diante este proxecto temos que por diñeiro do noso peto, porque isto cada vez esixe moito máis”. De todalas maneiras, aproveita a ocasión para “agradecer a todos os que colaboran con nós xa que grazas a eles, xunto cos socios,  axudan o crecemento do Choco”. A gratificación? “que o club funcione”.

Retomando o inicio da reportaxe, Rosana traballa nun supermercado, polo que non é de estrañar que nestos días, dende que se decretou o Estado de Alarma, viva con medo. “Vivo o día a día con medo e expectación xa que aínda que temos información sobre o que está a acontecer con COVID -19, realmente os que saímos a traballar non sabemos ao que nos enfrontamos en cada xornada laboral, porque ningúen sabe quén pode estar contaxiado polo que cando regreso a casa sempro o fago co temor de levar o virus e contaxiar aos meus, sobre todo aos meus fillos”. Un tempo de temor pero sobre todo de solidaridade co que tes ao teu carón, por eso Rosana mira con tristeza a esas persoas maiores que viven soas e que acuden ao supermercado case diariamente porque non poden quedarse na casa “e xente que non saben comprar para un mes porque están acostumados a comprar todolos días, porque este é o seu modo de vida e a mín rómpese o alma cada vez que penso no perigo que están a correr”.

Comentanos voz en off, trala entrevista que a foto que manda Rosana e mirando cara o futuro. Un futuro que aínda que nestes momentos parece incerto, ao final será un futuro que só de nos dependerá que sexa máis próximo que tardío, e mellor que ao que íamos encamiñados, razón pola que tí que podes, queda na casa!