O CD Choco suma un punto no seu encontro contra o líder da categoría. Adiantaba aos choqueiros Félix e os ourensanos conseguirían o empate de penaltie por medio de Zanelli, na segunda metade. 1-1 foi o resultado final.

As 16.30 en punto saltaban ao campo os dous bloques que se daban cita na xornada 14. O CD Choco recibía ao líder da categoría, o Ourense CF.

Polo equipo redondelano saltaban no 11 titular: Cortegoso, baixo paos, Yago Vázquez, que volvía logo dunhas xornadas lesionado, Aitor, Alberto Suárez, Vitra, Caloi, Yerai, Comis, Adrián, Félix e Tomás Abelleira. Pola súa parte Alejandro López elixiría como titulares a Parras, na portería, William, German Novoa, Manu, Sergio Barcia, Juanma Justo, Adrián Castro, Renán Zanelli, Rubén Martínez, Pibe e Murilo.

Comenzaba o encontro que xa daba mostras que sería intenso tanto pola importancia que adquiría para o equipo redondelano como para o bloque ourensá que intentaría sumar os 3 puntos da xornada para aumentar a ventaxa con respecto os seus principais perseguidores nesa loita por unha plaza que lle dese dereito a xogar o play off. Plaza que pola outra banda tampouco os choqueiros desestiman trala boa primeira volta que están a facer. O ritmo imposto polos dous equipos era vertixinoso para delicia de todos os siareiros que se achegaron nunha tarde desapacible o Santa Mariña.

Nos primieros minutos de xogo os dous equipos loitaban na metade do campo por ven que se facía dominador do coiro mais a alta presión impedía o avance cara ás porterías rivais. Sen accións destacables nestes primieros minutos, pronto o CD Choco iríase facendo controlador do xogo coa posesión do balón cumprindo coas súas pretensións de que os orensáns entrasen no seu xogo. Cunha líneas moi definidas e unha defensa impecable chegaban con máis solvencia a portería defendida por Parras.

Cunha boa ciruculación do balón, os de Gonza intentaban chagadas máis contundentes ao campo dos de Ourense mais a súa defensa non o permitiría. Una xogada pola banda, no minuto 8, iniciada por Félix que conduciu o balón buscando no centro a Adrián que non foi que de chegar o remate, daba vestixios de que os choqueiros non ían deixar balón por perdido. Nunha tónica de idas e venidas máis por parte dos locais que dos visitantes obrigou a Alejandro López a subir a presión para intentar facerse co control do balón.

A medida que pasaban os minutos a tensión e a intensidade ía subindo tanto no campo como nas bancadas. Até que chegou o primerio tanto do partido dunha xenealidade de Félix que conduciu o balón ata área ourensana nun contrataque solitario batindo a Parras dende os 30 metros.

Xa por diante do marcador os choqueiros seguiron intentando aumentar a ventaxa numérica no luminoso. Sabían o duro rival que tiñan enfronte e non querían arriscar por iso un minuto despois e tras unha xogada de falta Félix buscaba o segundo da tarde cun tiro directo que batería na barreiria. Pero o balón soloto na área rival foi rematado ata por 3 xogadores vermellos sen premio, deixando pasar unha boa oportunidade para aumentar a distancia no marcador.

No 36 Cortegoso teríase que aplicar a fondo tralo tiro potente de Murilo que apiques estivo de logralo empate. Os derradeiros minutos desta primeira metade trasncurrirían con xogadas sen apenas perigo en ambas áreas.

FINAL DO PRIMEIRO TEMPO: CD CHOCO 1- 0 CF OURENSE

 Tralo paso por vestiarios a tónica dos minutos iniciais repetiríase. O Choco intentaba aproximarse a portería rival creando xogadas pola banda. Pero a reacción ourensana chegariña pesaniño avisando primeiro por medio dun tiro de Pibe e logo de Murilo. Cumpridos os cinco pirmeiros minutos do partido.

Aínda así eran minutos de imprecisión nos que ningún dos equipos serían quenes de levar a iniciativa. No 58 chegaría o primiro troco nas filas ourensanas sairía William por Iker Revuelta.

A medida que pasaban os minutos o Ourense chagaba con maior claridade á portería redondelana. E tanto foi así que o tanto chegaría pero pola pena máxima, de penalti tras interpretar o arbitro unha man dentro do área de Comis tanto que materializaría Zanelli.

Co 1-1 no marcador se esperaba a reacción do equipo dirixido por Gonza. E as ocasións chegarían a máis clara por medio dunha xogada entre Félix e Caloi que non lograron materializar.

Despois da mesma chgaba o primeiro troco nas filas choqueiras saía Tomás en entraba Martin. Os choqueiros parecían non conformarse co punto logo de ir gañando case toda a primeira metade e insistían sobre a portería rival. Seguía buscando a reacción dos seus xogadores o bloque visitante cos cambios, nesta ocasión o segundo troco sería o de Rubén Martínez por Martin Lamelas.

O tanto do Ourense baixou o ritmo do partido que Gonza intentaría co seu segundo troco no que ingresaría no campo Monchito por Comis que sairía ovacionado do campo. Nos útlimos minutos do segundo tempo os choqueiros insitían sobre a portería de Parras pero o gol que non chegaba. Os derrardeiros trocos de ambos equipos chegarían da man dos dorsales 12, Rancaño e Pedro Delgado  disporían de minutos de xogo nos derradeiros minutos do partido.

Logo de cumprirse o tempo regramentario poucas ocasións tiveron os dous equipos deixando o partido en tábaos e raparto de puntos.

Final de partido: CD CHOCO 1-1 CF OURENSE