O CD Choco e o Alondras CF non logran pasar dun empate a cero.

Partido compricado o que tiña o plantel choqueiro no seu fuedo. Nunha tarde desapacible de frío e choiva pero que dou certas treguas ao longo do encontro. Cunha bancada ocupada por 150 siareiros que alentaban ao seus, comezaba o partido logo dun minuto de silencio en memoria de dos aficionados e amigos do club que falecerían recentemente.

Xa cos dous equipos no campo; polo CD Choco xogarían no 11 inicial Cortegoso, baixo paos, Samu, Elías, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Félix, Martin, Antón e Iano. Tamén disfrutaron de minutos Yerai, Davicin y Óscar.

Por parte do Alondras CF o farían Martín, na portería, Pablo García, Manu Santos, Luismi, Mauro, Jesús Varela, Manu García, Aito, Brais e Sergio Santos.

Con todo disposto comezaba o encontro no que os minutos iniciais, sempre de tanteo, os dous bloques buscaban levar a iniciativa e facerse con dominio do esférico. O Alondras comezaba ademáis cunha presión moi alta impedindo o xogo combinativo do 11 redondelano máis pouco a pouco foron encontrando os hocos e a maneira de facerse con eles. Habería que esperar até o minuto 16 para ver unha ocasión clara con dobre rexeite para Martín e Antón que o cancerbeiro Martín despexaría a corner.

Co paso dos minutos íase notando máis o dominio choqueiro quen era quen levaba a iniciativa do encontro. Con bo trato de balón lograban xogar en campo rival pero non terminñaban por materializar as ocasións creadas. No 16 e logo dunha falta de Sergio Santos polo que vería cartón amarelo, o tiro de Martín quen colocou perfectaamente o eférico pola escadra foi despexado porlo outro Martin, o porteiro, para disgusto de todos os siareiros quenen irrumpiron nun aplauso.

E con esta dinámica de control de xogo e posesión de balón pero sen capacidade para materializar as ocasións creadas chegamos ao final da primeira metade cun empate a 0 no marcador.

Final do primeiro tempo: CD Choco 0- 0 Alondras CF

 Tralo paso por vestiarios veríase a un CD Choco máis decidido a levar o control do partido dende os minutos iniciais. De feito un achegamento de Guille a portería de Martin pero sen resultado positivo para os seus.

Uns minutos despois, no 54 sería Luimi quen tería ocasión de adiantar aos seus e non sería a única que tivo pois no 87 tivo a mais clara do partido. A pesar do dominio do CD Choco nestes primeiros minutos iniciais o Alondras CF tamén logrou dominar na mitade deste segundo tempo poñendo en apretos a Cortegoso nalgunhas chegadas que ben puideron supoñer 3 puntos.

A derradeira do partido a tería o Alondras, xa no tempo de desconto.

Final do partido: CD Choco 0-0 Alondras CF