O CD Choco e o CD Arenteiro firma un empate nun partido instenso na que 
calquera dos sous pudo romper o empate.

Un día máis a familia choqueira citábase en Santa Mariña para alentar aos seus nunha xornada na que se enfrontaban ao CD Arenteiro. Cun aforo máis limitado que na primeira xornada, 150 persoas, de novo os socios redondelás daban exemplo de responsabilidade individual cumprindo así tódalas medidas de seguridade.

A terceira xornada dunha liga cheA de incertidume, comezaba a súa cun 11 de inicio por parte dos de Gonza con Cortegoso na portería, Elias, Yago, Alberto Suárez, Cois, Félix, Martin, Antón, Guille, Iano e Mario. Tamén terían ocasión de xogar no segundo tempo Nelson, Caloi e öscar Gil.

Por parte dos de o CD Arenteiro saltaban ao campo: Diego na portería, Ger, Portela, Marquitos, Arce, Álex Fernández, Javi Pazos, Padrón, Renan, Naviera e Presas.  No segundo tempo entraron Sylla, Joni e Mariña.

Con todo listo, daba comezo o partido. Tras nos primeiros minutos iniciais con idas e venidas por parte dos dous equipos a penas lograban crear ocasións claras de perigo. Cun xogo que se centraba en medio campo pola presión alta do equipo rival, impedía o avance dos choqueiros que aínda así chegaban ao área rival na busqueda do primeiro tanto.

Pouco a pouco o partido ía ganando en intensidade e os locais facíanse co control do encontro insitindo na portería de Diego. Martín o intentaría por partida dobre mais o esférico na primeira atrapuona o concerbeiro do Arenteiro e a segunda consecuitva logo dun bo pase de Iano dende o lateral, iríase alta.

Proseguía o encontro con paradas continuadas por faltas o cal restáballe fluidez. Poucos minutos antes do final do primeiro tanto o Arenteiro tería a máis clara, Corteogoso empregaríase a fondo para rexeitar até dúas ocasións o balón evitando así o primeiro tanto do partido.

Cun luminoso sen estrear chegábase á final da primeira parte.

Final da primeira parte: CD Choco 0-0 CD Arenteiro.

 Despois do paso por vestiarios quedaban 45 minutos por diante na que todo podía pasar e sería na primeira xogada desta segunda parte na que o CD Choco avisaría cun tiro de Félix.

Pronto os de Gonza marcarían o ritmo do encontro. Xogaban en área rival pero non eran quenes de materializar todas as ocasións que xeraban. Ao equipo rival costáballe máis crear ocasións pero lograron crear algunha ocasión que metería o susto no corpo ao equipo local.

Un partido que estivo vivo até os derradeiros minutos. O dous equipos buscaban facturar os 3 puntos da xornada; o CD Choco para sumar a segunda vitoria da tempada os do Arenteiro por continuar sumando de tres en tres, como viña facendo ata agora máis finamente tiveronse que conformar con un punto.

Un partido que tivo bastantes interrupcións por faltas vendo cartón amarelo por parte do CD Choco: Alberto Suárez, Comis, Guille e Iano; entrementres que por parte do equipo do Arenteiro a viron Ger e Padrón.

Final do partido: CD Choco 0- 0 CD Arenteiro