Félix Rial foi o autor do gol choqueiro. 1-1 marcaba o luminoso ao final do partido

Viaxaba a expedición choqueira á A Estrada co afán de continuar na senda da victoria máis só pundo sumar un punto nun partido nos que os Gonza non estiveron no nivel nos que nos tiñan acostumados.

Empezaba o encontro con un 11 local formado por Cascalar, mateo, martin Vilar, B.Calvo, Emilio, Juanin; martín Sánchez, Javicho, Piñeiro, B Vodal e Ángel.

Nas filas choqueiras saltaba ao campo cun 11 formado por Cortegoso, baixo paos, Elías, Yago, Alberto, Comis, Caloi, Félix, Nelson, Guille, Iano e Mario aínda que tamén contarían con minutos, Martín que regresaba logo de dúas semanas apartado dos terreos de xogo por lesión, Yerai, Antón e Óscar.

Tras o minuto de silencio en memoria do astro do fútbol, Maradona daba comezo un partido no que logo do tanteo inicial para ver quen se facía co control do partido porvocaría continuass idas e venidas de ambos conxuntos ás áreas rivais sen lograr crear claras ocasións de gol.

Se ben é certo que parecía que os de Gonza chegaban con un pouquiño máis de claridade serían os locais que na primeira chegada marcarían o primeiro tanto do partido adiantandose no marcador no minuto 9-

Co luminoso en contra o planten vermello non parecía sentirse cómodo no campo, a presión alta dos estradenses impedíanlle encontrar os hocos para facer o seu xogo. A imprecisión nos pases, as perdas de balón en medio campo e falta de eficiencia de cara o gol sería a tónica durante todo o encontro.

No 21 Félix tentaría a sorte cun tiro potento dende fóra do área que Cascalar pararía impedindo así o empate. Uns minutos máis tarde, no 36. Guille de Francisco que firmou un bo encontro, sacaría á ocasión máis clara do equipo local salvando así aos seus do segundo gol. E sería no 41 cando Félix marcaría o gol do empate tras un pase de Comis, que deixaría totalmente aberto o partido para os 45 minutos restantes da segunda parte.

Final da primeira parte: CD Estradense 1-1 CD Choco

Despois do tempo de recreo, a tónica da primeira se repetiría nos primeiros intres, áinda que neste caso sería o Estradense quen avisaría cunha chegaa perigosa ao área choqueiro.

Os minutos transcurrían coas idas e venidas de ambos bloques en busca dun tanto que rompese o marcador para otorgarlle os tres puntos, pero sen resultado positivo para ningún do dous bloques.

Félix de novo tería unha moi boa ocasión que finalmente non materializaría no minuto 81 e logo de algunha que outra ocasión para locais e visitantes chegaría o final do partido con reparto de puntos.

Final del partido: CD Estradense 1-1 CD Choco