O domingo os siareiros que se acheguen ao partido entre o CD Choco e Alondras CF ás 17.00 horas serán testemuñas do regreso de Davicin logo dun ano afastado dos terreos de xogo. Falamos con míster Gonzalo e o capitán do plantel vermello, David Cortegoso.

Se ben é certo que todos os partidos son especiais, o que enfronta este domingo ás 17.00 horas ao CD Choco e Alondras CF no Santa Mariña, quizáis teña un puntiño máis de emotividade. Vale que a data pode ser que non diga nada; nin é o día da lotería (pódese seguir mercando no propio partido ou durante a semana), nin veñen os reis ni tampouco Papá Noel. Quen sí virá seguro, é Davicin, o xogador choqueiro que en xaneiro fará un ano que caeu lesionado. Polo tanto será unha xornada un tanto especial para xogador e siareiros que serán testemuñas da súa volta.

Ademais alicentes sobran para ser espectador do encontro entre redondelanos e cangueses, xa que ocupan o sexto e sétimo lugar da táboa clasificatoria, con 5 puntos de ventaxa do equipo vermello. Espérase un partido moi competido e “moi complicado” afirma Gonza que engade “veñen dunha boa dinámica e ademais é un equipo que compite moi ben porque sabe que é o que quere facer en cada momento”. Idea que refrenda o capitán do Choco, David Cortegoso, aínda que él é dos que pensa que tódolos partidos son difíciles en esta tempada “pódeche gañar calquera”.

A sorte quixo que a xornada dezaséis os visitase o Alondras CF equipo ao que coñecen os xogadores e así nolo demostra Cortegoso “é un rival con moi boas indiviudalides, con moi bos xogadores. Quizá como bloque non sexan tan fortes pero a poden liar en calquera momento”.

Polo tanto corpo técnico e plantel están concienciados de que será un partido que “nos vai a esixir moito, pero imos intentar levalo ao noso lado e que os puntos queden na casa”, afirma Gonza quen ten ganas de “sumar os 3 puntos no feudo redondelán porque aínda que estamos a facer moi bos partidos, resístesenos a vitoria”.

Haberá que esperar ao domingo para ver o estado do campo logo dunha semana con moita choiva e porque sempre son factores que afectan á hora do desenvolvemento do encontro mais Cortegoso sabe que a pesar disto a clave está “en nós, en ter o balón, en evitar moitas transición de diante para atrás, en manter a calma e en intentar xogar nós para desesperar ao rival sen balón

Despois dos tres puntos colleitados en O Carballiño o plantel vermello disfrutou do parón ligueiro até este luns que retomaron os adestramento “traballamos moi ben durante toda a semana”, asegúranos Gonza. Para os redondelanos estes tres puntos son moi importantes porque ademais de querer recuperar a fortaleza no seu feudo, “se somos capaces de sacar resultados positivos nos dous encontros que restan antes do novo parón do 28 de decembro, sería unha primeira volta moi boa que nos permitiría pasar un Nadal tranquilo de cara á segunda volta”. Tranquilidade que xa deberían ter porque 25 puntos “é unha suma de puntos importantes”, recoñece Gonza.

En definitiva, o CD Choco volta a competición e o fai “nunha boa dinámica” xa que esta semana Gonza puido recuperar efectivos, aspecto polo cal o adestrador amosábase contento “estamos adestrando moi ben e case ao completo”.