Falamos con Raúl adestrador do equipo Benxamín B do CD Choco

 

Tres anos cumpre Raúl como adestrador dun equipo base do CD Choco, tres tempadas nas que estivo ao frente de diferentes grupos de rapaces en distintas categorías. Este ano adicase a adestrar aos Benxamíns mais ata entón tamén o fixo con os Prebenxamíns e Infantís. A pasión por este deporte e polos procesos de enseñanza e aprendizaxe foi o que lle levou a adicarse á formación.

 

  • Esta tempada estás ao frente de uns dos equipos con rapaces máis pequenos. Que cualidades cres que debe ter un adestrador para xestionar un equipo como este? Pasión, como en tódalas categorías, conocimiento do desarrollo neuromuscular, capacidade de adaptación no deportivo e no plano personal. 


 

  • Qué é o máis complicado de ser adestrador? 
É difícil quedarse cunha cousa en concreto. Atreveríame a dicer que posiblemente sexa xestionar con acerto o elevado número de responsabilidades ao que eres sometido dende o inicio da profesión

– Fuches antes xogador que adestrador e cres que isto e fundamental para transferir os conocementos? Nunca fun xogador e penso que esta concepción é errónea porque é moi diferente ensinar un proceso que executalo, e dicir, no momento de executalo debiod ao espazo-tempo que temos, o realizamos dende un plano inconsciente, o que é totalmente oposto ao que facemos cando o ensinamos.

Cómo é o teu grupo como equipo? É un grupo de rapaces que trata de disfrutar do componente lúdico do fútbol e inicia a súa instrucción neste deporte.

– Teñen interiorizada a concepción de equipo o aínda son individulaistas? Dentro do egoismo que caracteriza á maioría dos nenos a estas idades non son un grupo do cal sexa unha característica predominante, aínda que hai excepcións.

– Teñen definida a posición no campo ou todavía é demasiado cedo para isto? No cabe nestas idades iniciar a especialidade posicional nunha etapa tan prematura.

– Cres que lles afecta as diferencias de equipo coas letras A, B ou C? Creo que lles afecta a nivel xeral. Non sinto que o teñan que tomar de ninguha maneira. Penso que é un erro dos adultos porque en lugar de facer a selección por niveis, nestas idades deberíanse facer por idade biolóxica.

– Como ía o teu equipo nesta tempada? Mellorando día a día.

– Esíxeslle resultados? Sí. Os esixo dentro da prioridade que é a formación, e dicir, eles teñen que pogresar nos parámetros que adestramos que son fundamentais, motricidade, técnica e táctica individual, nisto teñen que obter resultados. En canto a esixir vitorias, non.

– En que te basas para facer as convocatorias? Van todos convocados a menos que non asistisen a adestrar sen motivo xustificado ou que estivese castigado, este sempre por motivos de educación nunca de nivel.

– Respetas o tempo dos nenos no campo? Todos xogan como mínimo o 33% do partidos e a partir de ahí os méritos realizados no esforzo por progresar marcan a diferencia entre os que xogan un pouco máis e os que non.

– Afectánlle as derrotas? Cada día aféctanlle un pouco máis.

– Que valores lles intentas transmitir? Primeiro o do respeto e segundo o da seguridade entendida como realizar os actos asumindo que durante todolos procesos da súa vida haberá erros que formarán parte da súa aprendizaxe.

– Cres que os pais deben castigar ao neno sen adestramento? Creo que o fan fruto do descoñecemento do valioso que é o deporte para os seus fillos. De feito, penso que se debería publicitar máis o saludable que é o deporte e desta maneira evitarían moitos destes comportamentos.

– O teu equipo vai os domingos a ver o equipo Sénior? Algúns si. Aplaudo a iniciativa do club de que todolos pais sexan socios pois é bo para todos. É ideal que os nenos vexan fútbol.