“Poderíase dicir que son xogador dun só club” comenta o xogador que leva toda a vida vinculado ao equipo da súa vila.

 

“Poderíase dicir que son xogador dun só club”, comentábanos Rancaño nunha entrevista realizada non fai moito, durante o confinamento. O xogador, natural e oriundo da Vila dos Viaductos, sempre estivo ligado ao club dende a súa etapa formativa.

Quizáis o propio xogador non sexa consciente de ser referente para moitos dos nenos da base choqueira que seguro aspirarán, como no seu momento fixo Ranca, de xogar no primeiro equipo da súa terra.

Que os cores tiran non cabe dúbida e aínda que Ranca non se pon metas pero sí lle gustaría “chegar profesionalmente o máis arriba que poida”, confesaba naquela entrevista, ese ‘chegar’ quizáis sexa soñado coa camiseta que sigue vestindo e o escudo que leva defendo dende ben pequeno. Sea como fuere o xogador e o club decidiron continuar a súa relación unha tempada máis.

Tanto a directiva como o xogador amosábasen moi contentos co acordo. O xogador considera o CD Choco “como a miña casa” e considera que “non hai mellor contexto para crecer como xogador que aquí en Redondela”. Coma o resto de compañeiros que firmaron a súa continuidade no club choqueiro, Ranca mostraba as súas ganas de comezar o polo menos de saber cando rodará o balón polos diferentes campos galegos da Terceira División.