O xogador chiqueiro asegura sentirse feliz no CD Choco.

A incertidume sobre a volta a normalidade segue a marcr a actualidade, entre elas a deportiva. O desconcerto sobre o que pasará con respecto a competición mantén en vilo a todos os membros dos clubes. Falamos co xogador Rancaño sobre estas e outros temas que nos axudarán a coñecelo un pouquiño mellor.

– Como levas o confinamento, logo de case dous meses na casa? Vouno levando, de feito, bastante mellor do que pensaba.

– En que empleas o tempo nestes días? Aproveito o tempo para facer cousas da Universidade, para facer exercicio e manterme en forma, para ver algunha serie ou ler algún libro… calquera cousa con tal de matar o tempo, a verdade.

– Qué estás a estudar? Estou estudando o 2o curso do grao de Educación Primaria na Universidade de Vigo.

Imaxino que xa pensando en que é o que vas facer tan pronto remate esta situación … Realmente, unha vez que remate o confinamento, vanse ter que tomar medidas importantes e non se vai poder saír así como así, haberá que seguir tendo moitas precaucións, pero estou desexando volver a ver aos amigos, volver adestrar… en definitiva, poder volver á rutina.

– Aínda continuas cumplindo as recomendacións tanto nos exercicios físicos como na alimentación que vos mandou o Corpo Técnico? Todos estamos a seguir as recomendacións e o traballo que nos proporcionou o Corpo Técnico porque ao final é a única maneira de que poidamos manternos en forma para unha hipotética volta á competición e non sufrir tanto as consecuencias deste parón.

Como vos afecta este parón repentino? Este parón aféctanos moito a nivel físico, porque aínda que fagamos cada día traballo na casa para intentar manternos en forma, é totalmente diferente a adestrar e a competir.

– Cree Ranca factible a volta á competición? A verdade é que é moi difícil saber qué pasará e qué se fará coa competición porque ninguén sabe con certeza como vai evolucionar a situación, pero non creo que se vaia retomar esta tempada, aínda que por agora non se pode descartar nada.

– E que che gustaría que pasase con respecto á competición? Creo que mentres non se teña 100% controlada a situación e poida haber risco de contaxio non se debería de retomar a competición, pois o primeiro sempre é a saúde. E creo que se debería ter en conta todo o traballo realizado polos equipos estes 7 meses e premialo dalgún xeito, aínda que teña que ser a tempada que vén; como por exemplo, comezando a tempada que vén cada equipo cos puntos puntos acadados nesta.

En caso de reanudarse a competición, canto tempo se necesitaría para alcanzar un nivel óptimo para competir?  No caso de que se volva á competición, creo que os xogadores deberiamos facer unha pequena pretemporada dunhas 2-3 semanas, porque este parón está sendo bastante importante e volver a competir sen unha preparación previa suporía un risco grande para nós.

– Qué opinas sobre as propostas que hai sobre a mesa? Agora mesmo é moi difícil saber o que vai pasar, saber cando vai rematar todo isto, e creo que ao final as propostas que se está facendo son simplemente suposicións, pois o que poida pasar é moi incerto.

Unha lástima todo o acontecido e chegou cando o equipo mellor estaba… A verdade é que estábamos todos moi ben, con moitas ganas de seguir competindo cada xornada, pois estábamos soamente a 4 puntos do terceiro e do cuarto clasificado. Quedaban aínda xornadas, entre elas o partido contra o Barco e o Arousa, e levamos dende que comezou a tempada cunha moi boa dinámica e tiñamos moitas posibilidades de rematar dentro deses postos de play off.

Eres dos que cre na mala sorte ou nun mal partido… Unha temporada é moi longa e ás veces hai partidos nos que mereceches máis do que conseguiches e outros nos que recibíches máis premio do que esperabas; pero ao final ao ser tan longa e ao haber tantos partidos todo se equilibra, aínda que ás veces o fútbol unhas veces tanto che quita como outras che dá.

– Aquel partido que queres borrar da mente… O fútbol son pequenas decisións, pequenos momentos e inda que algunhas derrotas son duras e difíciles de levar ao final son as que che acaban ensinando e coas que realmente acabas aprendendo.

-….e aquel outro que sabes nunca esquecerás? Non sabería qué partido elixir, pero o partido co que conseguimos o ascenso á División de Honra en cadetes foi un partido moi especial.

 – Cóntanos un pouquiño máis sobre ti … con qué ano comezaches nesto do fútbol? Xa dende moi cativo gustábame o fútbol e pasaba horas e horas xogando coa pelota, aínda que era case tan grande min. Lémbrome da primeira vez que xoguei no futbito da Xunqueira nun equipo que levaba o noso delegado “Guti”. Logo xa xoguei con 5 anos en Casa Paco, como a maioría dos rapaces de aquí de Redondela. Xa cuns poucos anos máis, na etapa benxamín, pasei para a E.F.B. Redondela que posteriormente se fusionaría co Choco onde permanecín e pasei toda a miña etapa de formación ata hoxe. Pódese dicir que son un xogador dun só clube.

Cómo te sintes no CD Choco? Atópome moi contento, levo toda a vida xogando no Choco; estou na miña casa, no equipo da miña vila, e así todo e moito máis fácil. Ademais ter a posibilidade de chegar ata o primeiro equipo é algo moi bonito, sobretodo para os xogadores da casa.

– Veremos unha tempada máis con Ranca para vestir de vermello? A verdade é que aquí estou moi ben, moi contento. Estou na miña casa e creo que non hai mellor contexto para crecer como xogador que aquí en Redondela.

Aquilo que destacarías do club redondelán é…
Levo toda a vida aquí e podo dicir que o bo ambiente que se vive cada día e o trato que hai cos xogadores e cos rapaces é algo que fai este club especial.

– O momento vivido no Choco que sabes nunca esquecerás… Quedaríame coa tempada na que ascendemos en cadetes a División de Honra, foi un ano moi especial e moi bonito.

Eres supersticioso ou tes algunha manía antes de xogar? Son unha persoa que é moi de seguir unha rutina sempre, e para os partidos intento facer as mesmas cousas dende que me levanto, pero realmente non son supersticioso nin teño ningún talismán.

– E logo que rutinas segues? Normalmente levántome cedo e aproveito as mañás para ver partidos; logo, cando xogamos na casa, sempre baixo a tomar un café cos compañeiros e pouco máis.

Tes algunha afección ademáis de o fútbol?
Gústame bastante o baloncesto aínda que son bastante malo, a verdade.

O día no que colgues as botas, gustaríache seguir ligado ao fútbol e de que maneira? O día que colgue as botas, que espero que sexa dentro de bastante, gustaríame seguir ligado ao fútbol durante moito tempo despois, e a idea de ser adestrador sempre me chamou moito a atención e creo que nun futuro probareino.

Algún sono que cumplir antes de que esto aconteza? Non teño ningunha meta marcada, quero mellorar e quero crecer como futbolista e chegar a onde poida chegar, canto máis arriba posible mellor, pero non me puxen nunca unha meta.

– Que ten este deporte que tanto engancha? A min gústame moito o fútbol e, cando fas algo que che gusta de verdade, calquera sacrificio é minúsculo e nin sequera o ves como un sacrificio porque é algo que fas porque che gusta e porque queres. A min encántame xogar e adestrar e, se por min fora, iría todos os días por moito mal tempo que fixera ou por moitas horas que tivera que pasar no campo.

– Rancaño que cre, que un xogador nace ou se fai? Si creo que hai que ter un gusto especial polo fútbol e que algunhas persoas nacen con máis capacidades que outras, pero ao final, se se traballa, se quere e se se é constante, pódese chegar a ser un gran xogador.

– Para ti cal é o xogador imprescindible no vestiario… Somos un grupo moi bo e a verdade é que hai moi bo rollo dentro e fóra do vesitario, xa coñecía a maioría de vir a entrenar cando era xuvenil ou de ser xente de aquí da vila. Pero para min Samu e Davicín son dúas persoas fundamentais porque son amigos meus de toda a vida, dende nenos e sempre pasamos moito tempo xuntos, incluso máis fóra que dentro do campo.

Un equipo? O Celta

Un escudo? O do Choco

Un club? O CD Choco

Un xogador? Xavi Hernández

Un adestrador? Alberto Suárez

Recomendacións para estes días …

– Un libro.Cien años de soledad

– Unha película. Gran Torino

Un grupo de música ou cantante. Dakidarria

Unha serie. Peaky Blinders