Paula Otero tivo a sorte, no seu primeiro ano nun equipo, de recibir a chamada da Selección Galega para poder disfrutar de dous adestramentos dos que, asegura, “aprendin moito”.

Os que levan o fútbol nas venas añoran a práctica deste deporte, este é o caso de Paula Otero, xogadora alevín, coa que falamos para saber como está a levar os días de confinamento “estes días levoos como podo, teño a sorte de vivir nunha casa e poder practicar no xardín co balón. Aínda así, boto moito de menos a rutina de poder ir aos adestramentos, partidos, poder xogar cos meus amigos…”. Paula recoñece que na casa “agobiome un pouco, só quero voltar a rutina” e que os días pasan pero de una maneira na que todos parecen iguais. No caso da xoven xogadora, transcurren entre as tareas escolares, xogos coa súa irmá e as súas mascotas, un pouquechiño de televisión e por suposto con toques de balón para superar o ‘mono’ do fútbol e dos adestramentos.  Ese desexo compartido por todos, de Paula de recuperar a normalidade seguro chegará máis pronto que tarde, pero ata o momento aínda quedan dúas semanas máis de confinamento, que é a mellor vacina contra o COVID – 19.

Collemos da man a Paula e transportámonos ao que estaba a ser a súa tempada tanto a nivel de equipo como a nivel persoal, lembrade que Otero xunto con outras rapazas de diferentes equipos da base choqueira, foron convocadas para adestrar coa Selección de Galiza. “Esta última tempada estaba sendo moi boa para min, xa que puiden ir a adestrar coa Selección e aprender moito de todas as miñas compañeiras”. Unha experiencia da que se sinte “moi orgullosa porque é o meu primer ano que xogo nun equipo e poder entrenar coa selección, animoume a seguir adiante con mais forza”.

Dúas foron as ocasión nas que Paula foi convocada polo combinado galego para adestrar e asegura que “disfrutei moito. Gustoume a experiencia porque ademais aprendín moitas cousas”. De feito, os nervios estiveron a flor de pel na primeira destas chamadas “era a miña primeira vez e estaba moi nerviosa, tamén sentín un pouco de vergoña” pero pronto este sentimento, quizáis provocado pola súa timidez, desaparecería “cando empezas a xogar xa todo flúe e rápido colles confianza co resto de compañeiras”; que non todas eran completas descoñecidas para Otero “concidín con dúas compañeiras do U.D.Mos e no primeiro dos adestramentos con dúas do Choco”. Experiencia que soubo aproveitar xa que asegura que aprendeu a facer “outros ‘regates’, collín máis fondo físico, e aprendín xogadas rápidas”. Moi xoven para vivir este tipo de experiencias que seguro non esquecerá por moito tempo ou probablemente nunca. Co respeto ao seu equipo, o Alevín C que adestra o xogador Sénior Adrián Rodriguez “meu equipo está progresando nesta temporada á hora de afrontar os partidos; o noso entrenador Adri, sempre nos di, que ‘si no afrontais el partido con ganas, no hacéis nada!’. Quizáis o seu apoio sexa unha das razóns polas cales cada día aprendemos algo novo e temos máis gañas de seguir”. E como bos alumnos seguindo os consellos do seu mestre, os equipo alevín estaba a facer unha boa tempada “estábamos gañando moitos partidos”, coméntanos Paula.

Con Paula son cinco as nenas que xogan no equipo Alevín. A estas alturas non debería parecer estraño nin ver a unha rapaza coa equipaxe de futbolista como tampouco xogando en equipos base, mesturadas cos rapaces, “cando comecei no equipo tan só eramos dúas rapazas e eu era a nova. A verdade que nos inicios os rapaces non me trataban del todo ben no sentido de que non querían que xogase por exemplo no seu posto e así facíanmo saber. Pero agora, son unha máis do equipo e todas es todos estamos para aportar ao conxunto”, confesa a xove xogadora. Un pasado que pasado está e agora Paula só pensa en volver a estar co seu equipo.

Quizáis aínda non sexa de todo númeroso o número de nenas que se animen a practicar este deporte até fai non tanto, estimatizado, o que fai máis compricado que os clubes teñan equipo feminino en categorías base, sobre todo. Con respeto a isto Paula coméntanos que lle gustaría que no CD Choco houbese equipo feminino “porque senón chegada a unha categoría teríamos que cambiar de equipo a outro club que tivese equipo feminino e taménporque aprenderíamos todas de todas e ademáis suporía un pasiño máis de cara a igualdad que aínda a día de hoxe non creo que sexa de todo real”.

Seguidora do equipo Sénior do CD Choco, recoñece que os seus xogadores preferidos son “Adrián, ao cal admiro en ecántame como dianteiro, creo que ten un bo control do balón e Davicin polo la precisión dos seu tiros pola escuadra”. Choqueira pero tamén culé xa que lle gusta moito o FC Barcelona do cal ten referentes tanto no equipo femenino, Mapi León, e no masculino a Messi. Con referentes así, quizáis Paula aspire a chegar a ser xogadora profesional e aínda que queda moito para chegar a eso, dende o club animámoslle a que sega soñando e disfrutando dun deporte no que xa apunta alto.