As dúas xogadoras repiten experiencia no combinado galego

Paula Otero e Naiara Martinez, xogadoras do CD Choco, reciben de novo a chamada da Selección Galega para disfrutar dun adestramento co resto de convocadas. A cita terá lugar este mércores, 4 de marzo, no Campo Federativo de Coya, aínda que a horas diferentes xa que Paula está convocada na Sub 11 e Naiara na Sub 14.

De novo, estas dúas xogadoras dan mostra da boa saúde da que goza o fútbol feminino e tamén do bo traballo que se está a facer nos clubes coa base.

Noraboa as dúas xogadoras!