Falamos co adestrador do Infantil A tras retomar os adestramentos da base logo do parón do Nadal

Pascual cumpre o seu tercer ano no cuble redondelano a onde chegou para facer prácticas como preparador físico do primeiro equipo. E como se soe dicir chegou para quedarse, aínda que o fixo como adestrador dos equipos base ao que se leva adicando dende os 18 anos. É dos que pensa que “é fundamental coñecer o deporte para poder transmitir logo os coñecementos sobre o mesmo” e Pascual conta con experiencia como xogador en diversos equipos da provincia de Pontevedra.

Centrándonos na súa labor como formador, este é o primeiro ano que está ao frente do Infantil A xa que ata a data o foi do Infantil B. Pascual amósase moi contento e orgulloso polo equipo que leva “é un grupo cuns valores xa de por sí moi bos” porque “hai moi bos formadores no Choco e cando chegan a esta categoría, logo de levar 4 ou 5 anos no clube, xa teñen estes valores adquiridos”. Valores como a boa actitude tanto nos partidos como nos adestramentos, a responsabilidade e o compromiso co club e co equipo son fundamentales para Pascual “hai días nos que non apetece adestrar porque chove ou outros nos que teñen exámenes pero teñen que saber organizarse para cumplir cos dous compromisos”. Porque Pascual é dos que pregunta aos seus xogadores como van no colexio xa que “é importante que estuden, sempre lles animo a seguir e insisto moito na importancia de que se apliquen nos estudos porque xa están nunha idade na que teñen certa responsabilidade, agora cos estudos e nun futuro co traballo, así que é importante que a adquiran porque lles vai servir para todos os aspectos da vida”.

Responsabilidade que non esixencia, “a esixencia queda para os adultos que son os que cobran por xogar” pero sí “que teñan ganas de aprender e estar aquí e que veñan con boa actitude aos adestramentos, na actitude está a clave” porque a regra de tres para Pascual é sinxela “se adestras ben vas a xogar ben, se adestras moito vas a mellorar moito tamén”. O que nos di que asume os adestramentos coa misma importancia cos partidos, salvando as distancias “porque tamén nos gusta competir e gañar pero como o prioritario nestas categorías é formar intento que trasfiran todos os coñecementos adquiridos durante a semana no partido do fin de semana”. O consello que lles da aos seus xogadores antes de saltar ao campo é que “que fagan o adestrado, que teñan a actitude correcta e que disfruten xogando, sen presiones porque eles mesmos se presionan moito por querer ganar” cando o importante é que interioricen a “concepción de equipo, que pensen máis no conxunto que neles mesmos e que sexan conscientes da repercusións das súas accións no equipo”.

Pero e razoable que os xogadores queran permanecer na categoría na que están competindo, na Liga Galega, razón pola cal sofren cada derrota e celebran cada vitoria como si fora única.