O CD Choco recibe ao Ourense CF o domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña

Será a primeira xornada na que o CD Choco xogue un partido en Santa Mariña coas bancadas baleiras, debido ás últimas restrición adotadas pola Xunta. Se xa era difícil ver o campo a medio gas, xa que nesta tempada non se puido completar aforo, máis raro será ver o estadio sen o alento dos aficionados. Pero así o esixe a situación sanitaria na que estamos inmersos en pro de erradicar esta pandemia que é capaz de paralizar a vida. “É moi compricado xogar sen público porque se nota moita a falta de ambiente. Penso que sempre perxudica máis ao equipo locatario porque hai falta de presión e ánimo”; coméntanos Óscar Gil, xogador co que falamos esta xornada.

Coa incertidume coa que se está a competir esta tempada, nunca se sabe, ata que se fan os test, si se disputará o partido da fin de semana e neste contexto chegamos á 15 na que o CD Choco recibe ao Ourense CF ás 17.00 horas. Óscar nos comenta que logo da última derrota contra o Arenteiro durante tódala semana “adestramos ben porque o equipo, pese a mala xeira que levamos segue unido e confiando”. E que Gil nos confesa que “foi unha derrota moi dura logo de bo partido que fixemos”. Ao que engade “estamos nun momento no que o balón non entra mais esta xeira ten que terminar”. Oxalá sexa contra o equipo ourensá, mais non é presa fácil. De feito é un equipo que comezou mal e agora mesmo posicionase en sexta posición, unha máis abaixo co Cd Choco que se sitúa na quinta, cun punto menos cos redondelás pero tamén cun partido menos. “O Ourense ten moi bo equipo. Penso que lle penalizou bastante a xuventude do plantel porque a Terceira e moi compricada como para non comenzala conectado e sen a axuda dos veteráns”. Aínda así, Gil asegúranos que “encontrarémonos cun equipo moi intenso que intentará xogar ao fútbol e ter a posesión do balón” e dicir, continúa, “un equipo moi parecido a nós. E nos vamos a intentar complicarlle as cousas co noso estilo de xogo”. Porque asegúranos que a clave para levarse os tres puntos estará “na posesión do balón e na capacidade de levar o partido onde se queira”.

Este domingo nova oportunidade para os de Gonza de meterse nos postos altos da táboa clasificatoria; “o equipo quere asegurar a permanencia e ao tempo que intentar colarse nos tres primeiros postos” asevera Gil.