Falamos con Davicin “os siareiros que veñan a Santa Mariña verán a un 
equipo ilusionado pero sobre todo moi motivado, con moitas gañas de 
facer as cousas ben para conseguir os 3 puntos”

Partidazo o que se vivirá este domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña. O equipo local, o CD Choco, recibe ao CD Ribadumia. Dous rivais que comparten o mesmo número de puntos, 15, e tan só un equipo, o Atios, os separa na clasificación ocupando así o sexto e oitavo posto respectivamente. Polo tanto, é un encontro que marcará, en certa medida, o devenir deste dous equipos. “Este partido é  clave porque estamos todos ahí; se gañas podes manterte nos postos altos da clasificación, pero si perdes, polo contrario, podes meterte ahí baixo”; coméntanos Davicin, xogador co que falamos esta semana.

A realidade é que van a ser tres puntos moi disputados. Se pensamos nas últimas xornadas o xogo que está a desplegar o equipo de Gonzalo Fernández está sendo bo, máis non efectivo xa que aínda que xeneran ocasións non as chegan a finalizar por dentro da rede. Época de sequía goleadora é a que están a vivir os redondelás “a verdade é que se necesitan os puntos e canto antes se consiga a vitoria, mellor. O equipo está ben; estamos a xogar ben, e tarde ou temprano ten que chegar a vitoria sen dúbida, e esperamos que sexa ante o Ribadumia”; confésanos Davo quen recoñece que precisamente a clave do partido vai a estar “na fase ofensiva, na finalización para o cal temos que estar tranquilos e relaxados e a ver se, por fin, a sorte está da nosa parte e materializamos as ocasións xeradas que últimamente están a ser moitas pero que non logramos marcar e isto é o que temos que cambiar porque os goles son os que te dan ou quitan os puntos”.

CD Ribadumia rival contra o que perderon na primeira volta por 1 gol a 0, unha espiniña clavada que intentarán sacarse no seu propio feudo. David asegúranos que este domingo “os siareiros que vaian a Santa Mariña verán a un equipo ilusionado pero sobre todo moi motivado, con moitas gañas de facer as cousas ben para conseguir os 3 puntos e estar ahí arriba da táboa canto antes” .