Falamos con Pablo, adestrador do Cadete A, quen cumpre a súa terceira tempada no club choqueiro.

Con esta, xa son 3 as tempadas que leva Pablo como adestrador na base choqueira. Aínda que este ano está ao frente do equipo Cadete A, tamén adestrou ao Alevín B e ao Infantil A, distintas idades polo tanto o nivel de dificultade no tratamento cos xóvenes xogadores é diferente tamén “todalas idades e as categorías teñen as súas cousas; o que temos que ser é conscientes das idades nas que están e saber abrir a man un pouco”; coméntanos Pablo. Pero obviamente os xogadores teñen que saber e nunca esquecer que “hai unhas normas, que debe haber unha seriedade e un respeto. Ao final trátase de ser sincero, esixente e tamén comprensivo. No meu caso intento ser unha persoa cercana co meu equipo”.

Pablo decidiu facerse adestrador “por amor polo fútbol e, seguramente, por ser un mal futbolista xa que si fora bo seguiría xogando e non adestraría. Ao gustarme tanto este deporte algún camiño relacionado con él tiña que tomar”; aínda que tamén recoñece que “sempre me gustou organizar, tratar de entendelo xogo e saber o por qué das cousas; unha vez que empezas a adestrar engancha tanto que vas a máis cada día”.

Pablo xogou en equipos base excepto un ano que o fixo nun equipo senior, sen embargo pensa que non é imprescindible ter experiencia como xogador para ser adestrador “sí que te axuda a saber cómo son as cousas nun vestiario ou cómo se pode sentir un xogador. Aínda así, que foras xogador non fai que sexas mellor adestrador que outro que nunca xogou”.

Centrándonos xa no equipo ao que adestra, o Cadete A, Pablo recoñece que “nos costou moito arrancar a tempada, logo tivemos unha xeira moi boa pero en decembro e xaneiro tivemos un pequeno baixón do que últimamente estábamonos a recuperar. Íamos a máis, antes do confinamento, e penso que o final de tempada vai a ser moi emocionante”. O Cadete A vai de oitavo e en postos de promoción porque hai varios equipos B de por medio.

Pablo ten “un equipo moi competitivo, ao que lles encanta o fútbol e o viven con moita intensidade. Esto axuda moito ao traballo diario, aínda que como a todos, hai que apretalos para que os adestramentos sexan todo o bó que eles poidan dar. A maioría levan toda a vida xogando xuntos polo que están moi cohesionados, aínda que iso non impide que haxa roces, eso sí sempre soluciónanse”.

Este bó ambente así como a competitividade do grupo fai que Pablo a penas teña nada que esixirlles “eles mesmo se esixen. Queremos gañar sempre, por suposto, e a esta idade e nesta categoría a vitoria é a maior das motivacións xa que non lles vale só con competir ou xogar ben”. Razón pola que “o único que lles pido é que traballen ao máximo, que se esforcen, compitan e fagan nos partidos o que adestramos durante a semana”. O que sí intenta transmitirlles son o valores da honradez, honestidade, compañerismo e competitividade.

Son moitas as decisión que un adestrador ten que tomar durante unha tempada. Unha destas decisións é a convocatoria, que nestas idades quizáis preséntase máis complexa porque ao final no deixan de ser rapaces e todos queren xogar. Pablo, a hora de facer a convocatoria básase no “rendemento en xeral da tempada, no concreto da semana e nas necesidades do equipo para ese partido en concreto. Pero sí que é verdade que procuro que en circunstancias normais, ningún xogador quede sen convocar dous partidos seguidos”.

Unha vez feita a convocatoria, toca a decisión de quen xoga “é imposible que todos xoguen o mesmo, pero que sí intento que xoguen todolos convocados e o fagan al menos entre 10-15 minutos. Entendo que Cadete Liga Galega é parte da formación do futbolista polo que deben saber que hai días que axuda ao equipo xogando cinco minutos e outros nos que non lle toca xogar, porque é algo que sufrirán en categorías superiores ”.

Outro dos aspectos importantes é que os rapaces da base vexan os partidos do equipo sénior, pois para moitos deles son o seu referente e exemplo a seguir “moitos dos meus xogadores soen ir aos partidos do primeiro equipo. Penso que é interesante que vaian xa que xenera sentimento de pertenza ao club e tamén ven máis cercano o posible obexctivo de chegar ao primeiro equipo, o cal sempre lles motiva. Todos teñen aos seus favoritos”.

Pero aínda non se sabe cándo será o día que volvan a disfrutar dun domingo de fútbol en Santa Mariña, debido ao confinamento polo COVID -19. Pablo, como bo adestrador está en contacto cos seu xogadores e por eso sabe que están “aburridos porque teñen gañas de xogar ao fútbol pero é importante que a pesar do aburrimento e o complicado da situación o fagamos todos sen excepción polo ben de todos. Eles son o sufcientemente maiores para entender a importancia de evitar posibles contaxos, xa non pola súa saúde únicamente seno pola dos demáis. É unha oportunidade para que aprendan que, en ocasións, hai que facer sacrificios individuais polo ben común”.

Aínda así, Pablo mandoulles unha táboa de exercicios “ pero é decisión deles facelos ou non”. Só eperamos que pronto todolos rapaces da base poidan disfrutar do seu deporte favorito no Santa Mariña e volva a acoller ao centenar de rapaces que forman a base choqueira, calando ao silencio cos berros da volta a normalidade.