Con esta renovación o equipo choqueiro da un paso na configuración do plantel para a 20/21.

A pesar de non estar aínda claro se comezará a tempada e cando, o CD Choco segue a configurar o plantel para o curso 20/21. Neste ocasión chegaba o turno de Comis, quen cumplirá a súa sétima vestindo a camiseta vermella. O xogador amosábase moit “contento e ilusionado por seguir un ano máis en Redondela” asegurando que “me sinto moi cómodo e asentado no vestiario e no club choqueiro”.

Pola súa parte, Iván Crespo, presidente da entidade  afirma que “estamos contentos coa continuidade de Comis xa que o consideramos un pilar no equipo nestes últimos anos”, porque Crespo asegura que “nos axudará a aportar veteranía a un grupo xove”.

Logo da firma nas instalación de Santa Mariña, o media punta choqueiro, manifestaba as gañas “xa non de empezar sinón tamén de saber algo respecto a que acontecerá coa competición” pois como bo futbolista que é xa lle tarda que empece a rodar o esférico.