Esta fin de semana será o pistoletazo de saída das competición nas distintas categorías do CD Choco.

Máis de un ano pasou dende que os xogadores da base puidesen volver a disfrutar da competición, máis non da formación xa que os futbolistas choqueiros levan adestrando practicamente toda a tempada grazas as medidas adotadas polo club garantindo a súa seguridade cun estricto protocolo anti Covid.

Aínda que a competición, ao igual que no resto de categorías, non será igual xa que é un formato ‘express’, os xogadores terán que xogar con máscara, e haberá dous paróns para beber ademáis do tempo de lecer, a esencia deste deporte mantense a pesar de non haber descensos. A ilusión pola volta e compartida por todos pero sobre todo polos protagonistas.

Cunhas semanas de diferencia comenzaban a competir o Infantil A e Cadete A en Liga Galega, pero esta fin de semana será o turno do resto de equipos que compiten en Primeira Autonómica como é o caso dos equipos Alevíns e Benxamíns (fútbol 8), Infantil B, Cadete B e Xuvenil B, equipo éste que descansará na primeira xornada máis disputará un amigable.

Sexa como fóra, desexamos os maiores éxitos a tódolos nosos equipos pero sobre todo que disfruten e gocen do que máis lles gusta, o fútbol.