5-4 foi o resultado final dun partido no que a choiva adquiriu gran protagonismo pero sen aguar a festa das xóvenes promesas do fútbol galego.

O xuvenil de Alberto Suárez enfrentábase onte a Selección Galega Sub- 16 nun amistoso que se xogou no Santa Mariña. As condicións climatolóxicas convertiríanse nun inesperado protagonista imposibilitando o desenvolvemento habitual de xogo polo estado do campo e así nolo contaba o adestrador choqueiro “calquera pase por debaixo era inviable polo que tivémonos que adaptar os dous equipos á situación, véndonos obrigados a xogar de maneira diferente á que nos gustaría e a que tíñamos inicialmente plantexada”. Aínda así, o plantel choqueiro afrontaba este partido “coma un adestramento máis” aínda que diferente. Coa proposta da Federación Galega de xogar o amistoso o xogadores choqueiros amosáronse moi ilusionados xa que “ao tratarse da Selección Galega a motivación e maior”.

Ao marxe do resultado, venceu o xuvenil por 5 goles a 4, a importancia deste partido radicaba para Alberto en “que todos os nosos xogadores tivesen minutos no campo para sentirse partícipes” seguindo así, a tónica de todala tempada, xa que rara vez é a ocasión na que Suárez repite alineación nos encontros. E así foi, Iván, Marcos, Kevin, Álex, Brais, Ju, Adri, Javi Cou, Fernando, Roi Darriba, Yoel, Hugo Naranjo, Abal, Lucas Franco, Hugo Vázquez, Anxo, Doval, Cifu, Rui y Toni, puideron disfrutar duns minutos de xogo.

Entrando xa en materia, en canto ao partido se refire Alberto nos comenta que “na primeira parte fomos nós quen nos adaptamos mellor e fomos superiores pero na segunda metada, a Selección Galega foi superior”. Ao marxe disto, ao final tratábase dun encontro que serviu a ambos equipos para “seguir preparando os partidos e competindo” calquera que sexa o rival que no caso da Selección Galega “nos esixiu sinón o mesmo, máis do que nos podamos atopar na competición”. E no caso da Selección, Alberto entende que foi un partido que ben lle puido servir ao seleccionador, Jesús López, para “seguir preparando o Campionato de España e ver cómo os seus xogadores se adpatan a un contexto diferente porque a maioría deles xogan no Deportivo e o Celta polo que están acostumados a levar o peso do partido e a un xogo máis combinativo”.

Unha tarde de choiva que ao final non puido a aguar a festa das xóvenes promesas do fútbol galego sentíndose os xogadores choqueiros “agradecidos e moi contentos pola experiencia”.