Carlos Alberto Méndez Teixeira elixe Galicia na seu primeiro viaxe oficial 
como Presidente

O recén elexido Presidente da Federación de Fútbol de Guinea Bissau. Carlos Alberto Méndez, elixiu Galicia como a súa primeira viaxe oficial, e máis concretamente Redondela para coñecer de primeira man ao Club Deportivo Choco onde militan algúns dos xogadores guineanos; entre eles Iano e Nelson que compiten en Terceira División co equipo sénior dirixido por Gonzalo Fernández, e Jú e Edigar no Xuvenil División de Honor de Alberto Súarez.

O Presidente da Federación amosábase moi contento e agradecido “ao Presidente do CD Choco, Iván Crespo, e a todos os que fan posible este proxecto a favor do meu país”. Logo da visita das instalacións redondelanas, Carlos Alberto Méndez puido falar cos xogadores aos que lles trasmitiu “a responsabilidade que teñen como embaxadores do seu país, e si eles complen abrirán portas a outros xogadores”.

Chegaba a hora do adestramento, polo que aproveitou para observar aos seus no campo, tras elo declarou sentirse “moi satisfeito polo traballo que están a realizar os adestradores con eles; aínda que non teño dúbidas de que son xogadores con cualidades fáltalles quizáis profesionalización en termo de táctica porque teñen que habituarse a unha nova realidade, moi diferente á que viviron ata entón no seu país de orixe, pero están moi ben dirixidos”. Ao que engadiu “penso que Guinea Bissau está de noraboa polo traballo que no Choco están facendo cos nosos futbolistas”.

O Club Deportivo Choco está axudando á adaptación destes xogadores no só a maneira de ver e entender a este deporte, senón tamén a unha nova vida cunha cultura, costumes e idiomas diferentes aos seus. Razón suficientes para que o Presidente da Federación de Fútbol de Guinea Bissau sea consciente de que “aquí estanlle dando unhas oportunidades que nunca ían ter no seu país formando xogadores cun futuro que en Guinea Bissau non tiñan”.