O Xuvenil División de Honra aplaza o partido deste mércores ante o RC Celta pero viaxa este domingo a Coruña para enfrentarse ao Ural nun partido clave para as súas inspiracións.

Que a Covid-19 chegou para alterar a vida de todos nós, a estas alturas xa é unha evidencia, e como non podía ser doutra maneira o mundo do fútbol non quedou a marxe. Se ben conseguiu modificar o formato competitivo, a inicio da tempada, xogando unha liga por subgrupos e fases, agora tamén altera o devinir da competición.

Ante a cantidade de partidos adiados polos contaxos nos diferentes equipos da Terceira División, que é a categoría que nos afecta, esta fin de semana se desputarán todos eses encontros pendentes.

O equipo de Gonzalo Fernández, terá, por tanto, xornada de descanso, sendo o único equipo que non ten partidos adiados. Eso sí, o equipo redondelá segue coa axenda de adestramentos habitual para preparar o seguinte partido da fin de semana do 27.

Xuvenil División de Honra

O que sí competirá esta fin de semana a xornada 16, máis en concreto o Domingo 21 ás 12.00 horas no campo de A Grela contra o Ural Español CF é o equipo de Alberto Suárez que volve a competición despois do positivo por Covid- 19 no seu equipo. Motivo polo cal de novo adiouse o partido contra o RC Celta, que tiñan pendente da xornada correspondente, xa que o equipo redondelano non puido adestrar por estar confinados ata onte por prescripción médica e logo de realizarse unha segunda PCR ao plantel.

O Xuvenil División de Honra regresa ao adestramentos esta tarde para preparar a cita ante o Ural Español; unha xornada vital para as súas aspiracións que non son outras que a consecución da permanencia na categoría de Honra.