Loading...

O División de Honra xoga o seu derradeiro partido esta fin de semana entrementres o Sénior terá que esperar

CD Choco
28 de mayo de 2021

Adiado o encontro entre o UD Somozas e CD Choco da primeira eliminatoria da fase de promoción de ascenso. 


O positivo en Covid dun xogador do plantel vermello, veu a trastocar os plans do equipo Sénior por mor da cuarentena obrigatoria a todolos xogadores, durante 14 días, a requirimento da Dirección Xeral do Servizo Galego de Saúde e seguindo o Protocolo RFEF. Non así ao corpo técnico porque as autoridades sanitarias entenden que non hai un contacto estreito entre adestradores e xogadores pois sempre adestran coa máscara e mantendo a distancia social. Razón esta, pola cal e debido a que ao adestrador do equipo Xuvenil División de Honra, Alberto Suárez, tamén lle afecta dita cuarentena, Gonza Fernández e Hugo Álvarez compartirán banquillo en Gijón, sendo os dous adestradores quenes dirixirán ao plantel choqueiro nun encontro no que so vale a vitoria. 

Gonzalo Fernández, leva todala semana adestrando ao plantel xuvenil, un equipo que non é descoñecido para o adestrador, o mister redondelano sempre implicado co club e a súa filosofía sempre fai un seguimento das categorías base, como a xuvenil, para visualizar futuros xogadores para o plantel senior. 

O TSK Roces, partido ao que se enfronta o División de Honra, facilitou ao club redondelano un enlace para que se anoten todos aqueles siareiros que queiran acudir ao partido. 

Deixamos aquí o enlace ao formulario que é obrigatorio cubrir 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd3t-DUf6QvfUhesQgu-NnmkorUCOJ5QooXT5bhYBBtzpfvlQ/viewform



0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
SUSPENSION DE ACTIVIDADES EN LA TARDE DEL 24-11-24
C.D.Choco Redondela.
hace 7 meses
Esta victoria vai de sentimento (1-0) Un gran Aitor e o esforzo coral de todo o equipo outórganlle ao Choco os tres primeiros puntos na estrea ante un rival de altura como o Portonovo
hace 10 meses
Una vuelta que ilusiona.
Noticias.
hace un año
2-1
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 2 años