A entidade deportiva instaura un sistema de reservas para os abonados até completar aforo.

Este domingo comeza o Campionato Ligueiro e fai nun contexto diferente dentro dunha realidade marcada pola emerxencia sanitaria na que estamos inmersos. O club non escatima esforzos en adatar as instalacións de Santa Mariña e cumprir así o protocolo santario establecido pola Federación garantindo a seguridade de todos os que vaian a disfrutar das xornadas ligueiras que se disputen no campo choqueiro.

Haberá un único acceso de entrada no que os asistentes deberán facilitar ao personal destinado na mesma o seus datos persoais, firmar asistencia e onde se tomará a temperatura e disporán dun dispensador de xel hidroalcohólico para desinfección de mans. Cabe recordar que é de uso obrigatorio a utilización de mascarilla.

Xa no interior do recinto deberase respetar tódalas sinalizacións para poder garantir a distancia de seguridade. Xa nas bancadas todos os asistentes terán a obrigación de sentarse e só naqueles asentos que están dispoñibles non podendo utilizar os que están marcados. Non se permite estar de pé.

O aforo aos partidos está limitado a 230 persoas das que terán prioridade os socios do equipo. De feito dende o club lembran que poderáse facerse socio ou renovar o carnet nas oficinas do club, durante toda a semana no horario de 17.00 horas a 21.00 horas. Este sábado, ao ser vísperas do primeiro partido de Liga, e coa finalidade de evitar así aglomeracións no día propio, as oficinas estarán abertas para tal fin de 16.00 a 20.00 horas e o Domingo de 11.00 a 13.00 horas.

Nos partidos que o CD Choco xogue na casa os abonados poderán reservar a súa entrada ao partido desa semana, de luns a sábado no whatsapp 669 39 35 70 ou no mail comunicacioncdchoco@gmail.com nos que deberán especificar o nome e apelidos máis o número de socio. De feito, apélase tamén a boa vontade dos siareiros e no caso de non poder asistir a un partido previamente reservado, co comuniquen da misma maneira para deixar a praza libre para outra persoa que queira asistir.

O sábado pecharase a reserva, sendo no propio día de partido cando se complete o aforo segundo orden de chegada, tanto socios como non socios, estes últimos terán que pasar por taquilla para retirar a súa entrada.

O CD Choco agradece de anteman a todos a súa colaboración.