Tanto o plantel choqueiro como corpo técnico, directiva e traballadores do clubfixeron o test serolóxico sen sobresaltos.

Na tarde de onte o equipo choqueiro fixo o test serolóxico para poder adestrar con contacto nos próximos 15 días. 64 test en total son os que tivo que asumir a entidade choqueira, contando cos directivos e persoal que traballa no club. Ninguén deu positivo e o informe foi remitido ás autoridades sanitarias quen aprobou os adestramentos con normalidade.

Seguindo o protoloco da Federación o equipo terá que pasar de novo esta proba para poder seguir adestrando e tamén para poder xogar calquera partido amistoso que poidan axendar para as próximas semanas.

O plantel vermello retomará os adestramentos para continuar preparando a competición ligueira que dará comezo o 18 de outubro e da que este xoves coñeceremos o calendario.