Estrea tempada na casa contra o Rápido de Bouzas, para visitar na seguinte xornada a casa do CD Ribadumia.

Na tarde de onte a Real Federación Galega de Fútbol realizaría o sorteo do calendario da Tercera División Nacional na que competirá o CD Choco unha tempada máis. Debido ao novo sistema de competición no que se dividiu ao Grupo 1 en dous subgrupos, por criterios de territorialidade, os choqueiros o farán no coloquilamente chamado Grupo Sur que ven sendo o oficialmente nominado o Grupo 1. B.

Así as cousas, o estreo do plantel de Gonzalo Fernández e Óscar Pérez celebrarase en Santa Mariña ante o Rápido de Bouzas para logo, na seguinte xornada, visitar a casa do C.D. Ribadumia. Unha tempada que se por algo se lembrará será porque ven marcada polo Covid-19 o que supón adoptar unhas medidas de protección extrema para garantir a saúde de tódolos membros dos equipos contrincantes, razón pola cal se está a traballar dende o club para facelas efectivas con gran sacrificio polo costo das mesmas pero necesarias para o bo desenvolvemento da competición a nivel do persoal interno da entidade deportiva como pola mesma afición que sen estas medidas non poderán acceder ás instalación de Santa Mariña.

O Covid -19 tamén veu a condicionar a competición, que se desenvolverá en tres fases. A primeira delas que é a que corresponderá a competición regular, a segunda que abarcará tres fases específicas na que básicamente se disputará a plaza de ascenso directo, e as plazas por xogar o play off, así como pola permanencia na Terceira División. E nunha derradiera fase, a terceira, na que se xogará a Fase Final de Eliminatorias á Segunda División RFEF e Play Off de Ascenso a Segunda División de Ascenso.

A competición ligueira estará a expensas da situación sanitaria puidendo ser supendida en calquera momento polas autoridades competentes, mais o remate da primeira fase, ou o que é o mesmo, da Liga Regular está previsto para o 21 de marzo do 2021. Unha Liga de 22 xornadas que o CD Choco pechará de novo como anfitrión ante o CD Pontellas.