O equipo Sénior dirixido por Gonzalo Fernández e o Xuvenil División de Honor de Alberto Fernandez, regresan ás sesións de adestramentos esta tarde en Santa Mariña.

Logo da xuntaza entre a Directiva, Corpo Técnico e Xogadores que se celebrou o pasado xoves nas propias instalacións de Santa Mariña, acadouse o acordo entre tódalas partes de comezar a adestrar para preparala tempada 20/21 que chega rodeada de incertidume aínda cunha data de inicio que sería o 18 de outubro no caso da Terceira División e sen data concreta aínda para o División de Honra.

O Presidente da entidade choqueira na reunión explicou o protocolo esixido pola Federación polo que están a por todos os esforzos para cumplilos garantindo así a seguridade dos xogadores e Corpo Técnico.

Ambolos dous equipos, Xvenil DH e Sénior comezan a adestrar esta tarde, ás 19.00 horas e 21. 00 horas respectivamente, no Santa Mariña. O xuvenil División de Honra xa mantivo o primeiro contacto co esférico o venres pasado nunha sesión de primeira toma de contacto.

Nos vindeiros días, celebraránse diferentes reunións co resto das categorías do club coa finalidade de reactivar todala actividade futbolística.